Mostrando entradas con la etiqueta Día Mundial da Auga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Mundial da Auga. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de marzo de 2022

Pintamos paisaxes mariñas


Seguimos cos obradoiros do Día Mundial da Auga!

Prepárate grumete, imos agora mesmo ao fondo mariño!! 

Cando celebramos o Día Mundial da Auga aprendemos moito sobre como nós podiamos facer un consumo responsable da  auga. 

Noutro obradoiro, Sunakay ensinounos  o problema do lixo no mar. Acordádevos?

Pensa ben en todo o que falamos ata o de agora  e pinta como sería o teu fondo mariño ideal. Podes poñer especial énfase aos organismos que vivirían nel, o tipo de paisaxes submarinas que habería e que poderías explorar facendo snorkel como facía Sunakay… Habería area? Sería volcánica, ou formada polo desgaste do esqueleto dos corais?



Preparando as nosas paisaxes mariñas



Este é o vídeo para facer o barquiño de papel


 Aquí están as vosas creacións feitas  con papel, e un pouquiño de origami:








martes, 22 de marzo de 2022

Día Mundial da Agua 2022

O Día Mundial da auga celébrase cada 22 de marzo para lembrar a relevancia deste líquido esencial. A pesar de que todas as actividades sociais e económicas dependen en gran medida do abastecemento de auga doce e da súa calidade, 2 200 millóns de persoas viven sen acceso a auga potable. Esta celebración ten por obxectivo concienciar acerca da crise mundial da auga e a necesidade de buscar medidas para abordala de maneira que alcancemos o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 6: Auga e saneamento para todos antes de 2030.

Fonte: Nación Unidas


FOLLA DE TRABALLO



 




XOGO


Aquí tedes un xogo interactivo sobre O Día Mundial da Auga: