📅 O Día das Letras Galegas 2025
🌼 Este ano está dedicado ás cantareiras e ás cantigas tradicionais galegas.
🎤 As cantareiras eran mulleres que cantaban cancións populares en galego.
Grazas a elas, moitas destas cancións chegaron ata nós. ✨
👵👧 Estas cancións pasaban de xeración en xeración:
das avoas ás netas, das nais ás fillas, entre amigas e veciños.
🚜 As cantareiras cantaban nas rogas, que eran traballos no campo onde todos se axudaban.
Ao rematar, facían festa con música e baile, e elas eran as protagonistas. 💃🥁
👩🌾 Este ano homenaxéanse a estas mulleres:
-
Adolfina e Rosa Casás de Cerceda
-
Eva Castiñeiras de Muxía
-
Prudencia, Asunción Garrido e Manuela Lema, das Pandeireteiras de Mens, en Malpica de Bergantiños.
🎶 Elas axudaron a conservar a nosa lingua cantando, e hoxe, grazas a elas, celebramos o Día das Letras con moito orgullo!
🎉 Como celebramos?
Nas escolas, nas rúas e nas vilas haberá contacontos, música, bailes e moitas actividades divertidas para aprender máis sobre a nosa cultura.
💬 Por que é importante?
Porque así lembramos que o galego é unha lingua chea de historias, músicas e tradicións moi bonitas que debemos coidar entre todos e todas.
📌 Actividade paso a paso:
- 🗣 Presentación breve (5 min)
- 👂🎧 Escoita activa (10 min)
— O alumnado pode seguir o ritmo coas palmas e a pandeireta .
- 🥁🙌 Aprender o retrouso (estribillo en castellano) (10 min)
- 🎤🎵 Cantar en grupo (10 min)
- 💬🧠 Reflexión final (10 min)
— Gustoulles?
— Que partes lles pareceron máis divertidas?
No hay comentarios:
Publicar un comentario