jueves, 16 de mayo de 2024

O Día das Letras Galegas 2024


O Día das Letras Galegas 2024 celebra a vida e a obra de Luísa Villalta, unha talentosa escritora galega que deixou un legado importante. É un momento perfecto para descubrir os seus libros, pensar sobre os temas que trataba e gozar da rica cultura galega a través da lectura e a creatividade. Feliz Día das Letras Galegas!

Desde a Área Educativa de Afundación deseñáronse diferentes formatos mediante os que achegarse á figura de Luísa. O primeiro deles é un conto interactivo para público infantil e primeiros cursos de primaria, mediante o que os mais novos da ciber podedes  ler e xogar á vez. O conto pretende presentar de maneira sinxela e comprensible a Luisa Villalta, tomando como tema principal a fusión da música coa poesía, unha liña temática moi presente na obra de Villalta. Os xogos propostos ao longo do conto son sinxelos retos de vogais con algunha audición cos que ofrecer aos máis pequenos os seus primeiros encontros coas letras e as palabras.

O CONTO



A RODA DE LETRAS

O segundo formato é unha roda de letras  que fai  un percorrido pola vida e obra desta escritora: a súa paixón pola música, o ensino e a escritura. O seu activismo social e a súa mestura coas artes plásticas son algúns dos fitos que terán que descubrir na súa roda de palabras.


Que vos parece se construímos unha lupa para xogar con Luisa Villalta?

Empregade a lupa para pescudar as repostas!




Aquí tedes moitos mais  xogos ! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario