miércoles, 13 de abril de 2022

Estampar estrelas de cores



Desde o ano 2012 se celebra cada 15 de abril o Día Mundial da Arte, unha data que busca dar a coñecer a importancia que ten a arte e sobre todo o pensamento creativo, para a evolución do pensamento humano e a resolución dos problemas que nos afectan. 

 A celebración propúxoa a Asociación Internacional de Artes Plásticas ( AIAP) e foi a partir de 2019 cando se oficializó o Día Mundial da arte por parte da UNESCO

 Por que se celebra o 15 de abril o Día Mundial da Arte? 


O 15 de abril celébrase en todo o mundo o Día Mundial da Arte, unha ocasión para valorar a importancia das diferentes disciplinas artísticas.

As 7 artes que nos rodean e que este día celebra son a Arquitectura, a Escultura, a Pintura, a Literatura, a Música, a Danza e o Cinema. Hoxe en día tamén se considera unha oitava arte a Fotografía. 

Este día coincide co nacemento de Leonardo da Vinci, considerado un dos artistas máis importantes da historia, xa que foi pintor, escultor, biólogo, deseñador, poeta e arquitecto.

Que imos facer nos para conmemorar este día? 

Coas nosas mans

 Hoxe imos estampar pallas con forma de estrela en bolsas de cor negra recicladas.

No momento en que estades estampando estas estreliñas se incentiva a  creatividade; prodúcese o  desenvolvemento socioemocional  e se traballa a  psicomotricidade fina, ao utilizar diferentes técnicas e diferentes materiais.

 É por iso que durante a arte e as manualidades, os nosos sentidos considéranse como a base da aprendizaxe. 

O pasamos moi ben facendo as estreliñas!!! E así quedaron!!!


Cos nosos ollos

Para rematar este obradoiro,  imos proxectar unha serie de imaxes diferentes de cadros famosos. A idea é visualizalas e que cada un/unha de vós escriba na folla de traballo de Liveworksheets que é o que ve, da forma máis detallada posible, e o máis importante, que sente ao ver o cadro. 

Cando todos terminedes, ides explicar que é o que escribiu sobre o cadro cada un /unha de vós e como se sentiu. 

O obxectivo desta actividade é que reflexionemos sobre a perspectiva coa que cada un ve as cousas. 

Dous compañeiros/ as de ciber poden estar a ver a mesma situación e ter emocións distintas. É moi importante comprender e respectar cada unha das visións, ideas e crenzas

Podes ampliar as imaxes premendo na lupa






Que ves ti?, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario