miércoles, 23 de febrero de 2022

O meu lugar no universo

Onte estivemos a falar dos PELIQUEIROS de Laza e vimos a ubicación deste pobo no mapa. Falamos do noso país, a nosa comunidade autónoma, a nosa provincia e a nosa cidade. Acordádesvos? 

Que vos parece se vemos que lugar ocupamos nós no universo? 


QUE IMOS FACER?

Imos facer un móbil imprimible sinxelo con círculos que van desde o máis específico ( "Son eu" ) e amplíanse ata "Este é o meu planeta" . 

Ides aprender palabras básicas da  xeografía  co que vades  comezar a orientarvos no planeta.

O móbil ten estas palabras relacionadas co espazo: a casa, o centro cívico, a cidade, a provincia, a comunidade autónoma, o país, o continente e  o planeta. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario