lunes, 20 de diciembre de 2021

Soul e a "faísca"


Despois de ver a película Soul tocou pensar un pouco. A actividade presentouse como unha proposta de visionado que foi acompañada dun debate sobre o que os pareceu a película.

  
A  peli Soul levounos nunha viaxe desde as rúas de Nova York aos reinos cósmicos para descubrir as respostas ás preguntas máis importantes da vida. Ás veces, a única maneira de atopar respostas é facendo as preguntas correctas. 


Así que empezamos o debate facéndonos preguntas como as seguintes:

Algunha vez preguntácheste de onde proveñen a túa paixón, os teus soños e os teus intereses? Que é o que te fai ser… ti? 








A FAÍSCA (CHISPA en castelán)


Démonos conta que o comenzo da peli os protagonistas de 'Soul' non entenden que significa a "faísca" (chispa en castelán).  E nós tratamos de dilucidar  que é y que non é a ...

fuente-de-super-mario ! ! ! ! !




En primeiro lugar, tentamos  entender o que non é faísca tendo en conta as reflexións dos protagonistas de Soul.

Joe  pensa que a súa faísca é o seu amor polo jazz e que 22 atopará a paixón pola vida tocando un instrumento, aprendendo a bailar flamenco ou pintando sobre un lenzo. 

Pero nós,  grazas a 22, démonos conta de  que a "faísca" non é unha actividade, nin un obxectivo vital, nin unha expresión artística. 



En realidade "faisca" é o amor á vida. Tendo en conta as vivencias de 22 entendemos que "faísca" poden ser cousas tan sinxelas como sentir o vento na cara,  experimentar a sensación do amor , sentir como o pulso se acelera cando corres ou o sabor incrible dun anaco de pizza. 

Non obstante, esa "faísca" da que estivemos a falar non é só algo que 22 ten que entender, é tamén algo que moitos esquecemos demasiado a miúdo, absorbidos polo traballo ou obsesionados con alcanzar metas que confundimos coa felicidade.

fuente-de-paw-patrol
Esta foi a folla de traballo que empregamos  para reflexionar sobre esta incrible película. 
Premede na  seguinte imaxe 


Película Soul

fuente-de-paw-patrol
Imos construir os nosos propios instrumentos musicais? Queredes intentalo? Premede aquí para velos

No hay comentarios:

Publicar un comentario