lunes, 12 de julio de 2021

O prato viaxeiro segue o seu periplo coñecendo as casas das familias da CiberCaixa Mallos

 

O prato viaxeiro da CiberCaixa Mallos

En que consiste esta actividade?

Cada fin de semana por quendas os usuarios/ as da CiberCaixa Mallos levan o prato viaxeiro a casa, un prato  cunha libreta decorada polo alumnado con actividades sinxelas  para facer coa familia. 

Os luns escoitamos atentamente a experiencia da persoa que tivo a fin de semana o prato na súa casa. Despois o prato viaxeiro da CiberCaixa Mallos descansa ata que lle toca volver a viaxar o venres.

O obxectivo desta actividade é que o alumnado explique ás persoas coas que vive en que consiste o prato saudable e que xuntos durante a fin de semana elaboren a súa propia receita tendo en conta este  prato

No hay comentarios:

Publicar un comentario