miércoles, 19 de mayo de 2021

A mellor homenaxe a Leonardo: espertar o desexo de aprender #LeonardoCaixaForum

paintingAcordádesvos dese tempo que pasamos facendo a nosa versión sobre a Mona Lisa e coñecemos a figura de Leonardo? E a peli que vimos baseada na vida de Da Vinci. E o rosco de Pasapalabra sobre este xenio renacentista?  Acordádesvos? 

 Pois teño que darvos unha boa noticia! Nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña  imos poder gozar dunha mostra sobre este  xenio do Renacemento.

 
Esta exposición organizada pola Fundación A Caixa en colaboración co Concello da Coruña poderá visitarse ata o próximo 16 de xuño.

Cando visitedes esta mostra, ides atopar sete xogos interactivos cos que comprender e descubrir que a intelixencia e a sensibilidade do inventor foron o denominador común de todo o que logrou nas distintas disciplinas.

No exterior, catro grandes maquetas reproducen a escala real algunhas das ideas máis modernas de Leonardo da Vinci. Son interpretacións dos seus debuxos, construídas con materiais actuais e tecnoloxía punta, para as que se contou cun equipo de enxeñeiros especializados na construción de robots e prototipos.

Non vola podedes perder!!!!! Toda a información da exposición a tedes aquí




No hay comentarios:

Publicar un comentario