jueves, 14 de mayo de 2020

Xogos para o Día das Letras Galegas da Real Academia Galega

Para moitas e moitos de vós esta será a primeira das viaxes; para outras, os máis experimentados, unha continuación da aventura. Sexa como for, nesta nave collemos todos. Porque estades na Primavera das Letras, a base de lanzamento da celebración do Día das Letras Galegas da Real Academia Galega para os nenos e nenas que cursades infantil e primaria. Dende aquí espallamos o Día das Letras por todo o planeta, por toda a galaxia

Nesta singradura coñeceremos a vida e a obra de Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990). O autor, ao que en 2020 a Real Academia Galega dedica o Día das Letras, é unha figura indispensable para coñecer a historia da lingua e da literatura de noso ao longo do século XX


Preparadevos para un percorrido pola biografía de Ricardo Carballo Calero, unha viaxe ao pasado que che ha axudar a comprender mellor o noso presente.

BIOGRAFÍA



CONTO 
para os nenos e nenas dos primeiros cursos de E.P.

A miña compi Noe da CiberCaixa de San Diego facilitóume este material para vos. Disfrutádeo!


XOGOS INTERACTIVOS:

Premede nesta ligazón para ver os xogos: http://primaveradasletras.gal/category/outros-materiais/

ILUSTRACIÓNS:

Podedes debuxar e colorear  estas ilustracións inspiradas na vida e obra de Ricardo Carballo Calero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario