lunes, 19 de noviembre de 2018

Aprendemos as normas do xogo UNO




Na  CiberCaixa Mallos estamos a aprender as normas do xogo de cartas Uno.
O mazo estándar do xogo UNO ten 108 cartas e consiste en: 4 mazos de cores (azul, verde, vermello e amarelo), tarxetas de acción (+2,  reversa e salta),  comodines ( wild) e 4 “ wild +4”.


COMO XOGAR:

Reparte a cada xogador/a 7 cartas e o resto colócaas boca abaixo no centro da mesa. De aí é onde poden tomar as cartas de ser necesario.
Coloca unha das túas cartas na pila cando sexa a túa quenda. A túa carta debe ser do mesmo número, cor ou acción que a carta na pila; a menos que teñas un  comodín, nese caso podes escoller que cor queres para seguir xogando.

Estas son algunhas cartas especiais:

As cartas Reverter (de calquera cor) indican que a dirección do xogo reverterase (é dicir, de sentido horario a  antihorario).
As cartas +2 (de calquera cor) indican que o seguinte xogador/a deberá sacar dúas cartas da pila e  omitir a súa quenda.
As cartas Saltar (de calquera cor) indican que o seguinte xogador/a debe saltar a súa quenda. Nun xogo de dúas persoas, esta carta fai que o xogador/a contrario perda a súa quenda, mentres que o outro debe sacar outro número.
As cartas  wild negras indican que un xogador/a pode elixir a cor que desexe (ou seguir usando o mesmo cor)
As cartas  wild +4 negras indican que un xogador/a pode elixir calquera cor, pero o seguinte deberá sacar catro cartas e perder a súa quenda.




No hay comentarios:

Publicar un comentario