jueves, 10 de mayo de 2018

Aplicacións web para crear contos e historias

Aplicacións web para crear contos e historias Se che gusta crear historias para os máis pequenos é o momento de elixir cal destas 3 aplicacións é a que mellor se adapta ás túas necesidades ou che resulta máis fácil de utilizar. 
CultureStreet
Este sitio permite crear contos infantís de forma bastante sinxela, é unha aplicación de balde  e o rexistro é opcional aínda que recomendábel. A vantaxe de rexistrarnos na páxina é que podemos gardar as nosas historias para continuar editándoas posteriormente. 
StoryJumper

Unha das mellores aplicacións web para crear contos e historias infantís, dispón dunha galería de elementos para personalizar a túa historia e ademais permíteche utilizar as túas propias imaxes. A modalidade gratuíta permite gardar, imprimir e compartir os contos, para convertelos en libros electrónicos ou en formato de papel é necesario realizar un pago. 
My Storybook


Crea unha historia engadindo elementos, fondos, textos e mesmo debuxando, tamén podes engadir novas páxinas segundo as necesidades da túa historia. Ao finalizar podes publicar e compartir a historia online de forma completamente gratuíta. Existe unha modalidade de pago para os interesados en descargar o seu conto como un eBook.




No hay comentarios:

Publicar un comentario