Na CiberCaixa Mallos empezamos a segunda avaliación achegándonos a modiño e con agarimo á materia de lingua galega. En xeral, temos dificultades
co seu vocabulario, expresións e a pronuncia dalgunhas palabras.
Neste taller imos aproximarnos ao galego vendo algunhas das súas palabras e expresións máis riquiñas; cantando cancións do CD Fantasía coas palabras e os máis pequenos aprenderán as vogais e consoantes galegas utilizando plastilina, materiais reciclados e coa música de Fios do querer...
Finalmente fixemos un mural con todos os traballos realizados.
Neste taller imos aproximarnos ao galego vendo algunhas das súas palabras e expresións máis riquiñas; cantando cancións do CD Fantasía coas palabras e os máis pequenos aprenderán as vogais e consoantes galegas utilizando plastilina, materiais reciclados e coa música de Fios do querer...
Finalmente fixemos un mural con todos os traballos realizados.
PALABRAS RIQUIÑAS
Clasificamos algunhas “palabras riquiñas” que nos chamaron a atención en adxetivos, verbos e nomes. Observamos que estes vocablos úsanse en Galicia tanto por galego
falantes como por parte de persoas que falan castelán.
VERBOS:
- Rosmar: Alguén emite sons confusos ou palabras incomprensibles como mostra de enfado ou de protesta. Ex: Deixa de rosmar polo baixo e fai o que che mando.
- Fochicar (figurado): Manipular cousas que estaban en orde deixándoas revoltas ou en mal estado.Facer calquera cousa a medias e sen maña.Ex: Non fochiquedes nas miñas cousas, que mas desordeades.
- Cheirar: Despedir cheiro, impresionar o sentido do olfacto.Pode cheirar ben ou mal. De feito, unha frase cando
algo cheira moi ben é " cheira que
arrecende". E tamén se pode usar con sentido figurado, se algo non
ten boa pinta... "Isto non me cheira nada ben".
- Arroutada: Venada. Facer algo espontáneo e pouco sensato. Feito pouco atinado ou pouco razoable. Ex: Nunha arroutada é capaz de facer calquera barbaridade.
- Barallocas: Persoa que embarulla todo cando fala de tal maneira que non se lle entende ou que quere dicir. Un barallocas é alguén que fala moito, pero só di parvadas. Ex.:É un barallocas, non lle entendo nada.
- Meigallo: Acción máxica que provoca algún acontecemento ou certos efectos nunha persoa, nun animal etc., polo xeral negativos.Estamos a falar do traballo dunha Meiga, concretamente dun Feitizo en plan mal. Ex: Morríanlle todos os animais e pensou que era culpa dalgún meigallo que lle botaran.
- Petisco: Porción pequena de algo que se toma para probar. Ex: Tomou un petisco de pan con mel.
- Cóxegas: Sensación que experimenta alguén ao lle seren tocadas levemente certas partes do corpo e que se manifesta nun riso involuntario. Ex: Fíxolle cóxegas nos pés cunha pluma de paxaro.
- Brincadeira: Andar de broma, pasatempo, leria, diversión.Ex: Déixate de brincadeiras e fálame de cousas serias.
- Larpeirada: Comida que sabe moi ben, en particular, unha cousa doce. Ex: Os pasteis e os caramelos son larpeiradas.
- Foliada: Reunión nocturna de xente para divertirse, cantar e bailar. Ex: Mañá hai foliada na aldea.
- Esmorga: Diversión buliciosa e esaxerada. Ex: Pasou toda a noite de esmorga.
- Feitiño: «Un pouco como xeitoso
e riquiño, pero referíndose sobre todo
ás calidades físicas. Dícese tamén no sentido de non é nin guapo nin feo, é mono, cuqui, feitiño. A tradución literal sería
' hechito'. Exemplo: Que bebé tan
feitiño!
- Enxebre: Algo moi característico dun país ou rexión, de profundas raíces, con moito arraigamento, castizo, auténtico, puro, típico, xenuíno, sen contaminar. Ex: Fala un galego moi enxebre.
- Riquiño/a: Un adxetivo marabilloso e ademáis cun potencial enorme de exportación. Cando non es guapo nin es feo eres riquiño, todo depende do ton co que cho diga un galego. Unha palabra que serve para referirse de forma cariñosa a unha persoa que che parece mona, simpática, faiche graza ou produce tenrura. Ex.: "Coñecín a Miguel onte". "E que che
pareceu?" "Moi riquiño".
- Trapalleiro:Que fai mal as cousas, de calquera maneira, que fai trapalladas. Ex: Que trapalleiro é! Non lle volvo encargar máis nada. Sinónimo: Chafalleiro
- Rabudo: Outra das nosas palabras TOP. Que ten mal xenio. Pero como palabra soa con moito mellor que esta última. Ex.: É rabuda coma o demo.
Como mellorar verbas como Ruliña, Parrulo ou Galopín?
- Parrulo: [Persoa] que se deixa enganar con facilidade.Ex: É tan parrulo que mesmo un neno pode estafalo.
- Galopín: [Rapaz] que comete pequenos enganos ou fraudes con habilidade e sen malicia. Ex: Quen foi o galopín que comeu todo o pastel?
- Ruliña: Miña rula, miña ruliña, son apelativos cariñosos moi frecuentes.
Despois clasificamos as palabras riquiñas por temáticas: a casa, as emocións, os nenos, bioloxía, anatomía e fútbol.
TEMÁTICA "CASA"
TEMÁTICA "CASA"
- Lareira,Pedra plana situada a pouca altura do chan, onde se fai o lume para cociñar, nas casas tradicionais, e sobre a que adoita ir colocada unha cambota. Ex: No canizo, encima da lareira, cúranse os chourizos e sécanse as castañas.
- Lar: Por extensión. Casa familiar.
- Furancho Local de tempada, tradicionalmente habilitado nunha adega particular, onde se venden os excedentes do viño producido para o consumo particular. Moitos deles son auténticas casas de comidas nas que poderás poñerche morado a comer por moi bo prezo.
TEMÁTICA EMOCIÓNS
Temos palabras riquiñas que se refiren aos sentimentos e son especialmente difíciles de traducir ao castelán Lembranza, Ledicia, Agarimo, Aloumiño, Morriña, Saudade:
- Lembranza: Pegada que algo do pasado deixa na memoria e que vén a ela nun momento determinado. Ex. A tarde de chuvia traíalle lembranzas tristes.
- Ledicia: Estado de ánimo ou sentimento de pracer que produce un suceso favorable. Ex. O seu rostro resplandecía de ledicia. Ex. O seu rostro resplandecía de ledicia.
- Agarimo: Sentimento de afección, amizade, tenrura, simpatía etc., por alguén. Ex. Sempre o tratou con moito agarimo.
- Aloumiño: Demostración de cariño que se lle fai a unha persoa ou a un animal pasándolle a man suavemente pola pel ou polo pelo. Ex. O neno facíalle moitos aloumiños ao can.
- Morriña: Palabra usada para describir un sentimento de tristeza pola distancia do lugar de onde procede un e daquelas cousas, obxectos e situacións que o evocan. Ex: Nos días de chuvia éntrame a morriña.
- Saudade: Unha palabra esencial para galegos e portugueses pero difícil de entender para o resto do mundo. Sentimento especial, produto dunha mestura de nostalxia, añoranza e melancolía, anhelo, dor, desexo do afastado. Rosalía de Castro defíneo como “a pantasma do ben soñado”.
- Garatuxeiro: Amigo das garatuxas (demostración de cariño que se fai a unha persoa con aloumiños e con palabras de afecto). Ex.: Os nenos rin moito con el porque é un rapaz moi garatuxeiro.
- Bico Demostración de afecto, amor, amizade, respecto ou reverencia que se fai tocando algo ou alguén cos labios pechados. Ex: Deulle un bico na meixela.
- Bágoa: Gota do líquido transparente que segregan as glándulas lacrimais e que se desprende do ollo a causa dunha irritación ou dunha emoción. Ex.: Enchéronselle os ollos de bágoas.
Se o galego xa é un idioma agarimoso, que agardar das verbas referidas aos Cativos.
- Berce:Cama de neno pequeno, que xeralmente se pode abanar. Ex. Pon o neno no berce a ver se adormece.
- Axóuxere:Xoguete que consiste nunha ou máis esferas, xeralmente de plástico, con boliñas no seu interior e unidas a un pequeno mango, que serve para entretemento dos meniños.Ex: Non lle quites o axóuxere ao neno, que chora.
- Boneco:Figura que representa unha persoa ou un animal, que se
utiliza como xoguete, adorno etc.Ex: Na escola utilizamos un boneco para estudar o corpo humano.
TEMÁTICA BIOLOXÍA
A Bioloxía en galego é máis fermosa.
- Golfiño,: Delfín
- Ollomol:Besugo
- Curuxa: Búho
- Xoaniña: Mariquita
- Anduriña: Golondrina
- Bolboreta: Mariposa
- Besbello: Gusano
- Vagalume: Luciérnaga
- Paporrubio: Petirrojo (pájaro)
- Avelaíña: Mariposa nocturna
- Acivro (árbore silvestre): Acebo, muérdago
- Toxo: Tojo
- Fervenza:Cascada. Desnivel brusco ou pronunciado no leito dun río onde se precipita a auga.
- Amorodo: Fresa
TEMÁTICA ANATOMÍA
A anatomía no noso idioma cobra outra dimensión.
- Caluga, Nuca
- Pulso, Muñeca
- Colo, Especie de asento, á altura do peito, formado polas mans e os brazos, ou ben entre a cintura e os xeonllos, cando se está sentado.Ex.: Colle o neno no colo.
- Cóbado: Codo
TEMÁTICA FÚTBOL (máis vocabulario relacionado aquí)
No vocabulario futboleiro podemos incluir palabras coma:
- Luvas :Guantes
- Gardamallas ,gardarredes ou gardameta: Portero
- Asubío: Pequeno instrumento que serve para asubiar.(Sinónimos: pito, pitar)
TEMÁTICA CHOIVA
O idioma galego contempla máis de 70 vocábulos para a choiva. E cando esta remata empregamos a palabra amizar.
A chuvia e outros fenómenos que pasan no ceo e que teñen palabras riquiñas que nos encantan son: Luar, Brétema , Treboada Orballo , Folerpas, Lóstrego, ou Saraiba.
- Amizar: Cando está a rematar a choiva. A podemos incluir nesas 70 verbas que temos para designar a choiva e tódolas as súas variantes como podedes ver no seguinte vídeo.
A chuvia e outros fenómenos que pasan no ceo e que teñen palabras riquiñas que nos encantan son: Luar, Brétema , Treboada Orballo , Folerpas, Lóstrego, ou Saraiba.
- Luar O luar, resplandor da lúa. Todo o que viva en Galicia coñecerá a Xosé Ramón Gayoso e o programa da TVG “Luar”. Mítico programa que leva emitíndose ininterrompidamente desde 1992 e polo que pasaron máis de 5.000 artistas.
- Brétema: Néboa.Condensación de vapor de auga do aire en contacto co chan, de constitución similar á das nubes, que reduce a visibilidade.
- Treboada: Chuvia intensa e súbita que pode ir acompañada de vento e que adoita ter pouca duración.
- Orballo: .Chuvia miúda.
- Folerpas: Cada unha das porcións de auga conxelada que caen cando neva.
- Lóstrego: Resplandor intenso e momentáneo, producido polo raio.
- Sarabia: Chuvia conxelada que cae en forma de grans máis ou menos grandes.
OBSERVACIÓNS: Hai lugares onde se distingue esta palabra dos seus sinónimos pedra e pedrazo, segundo o tamaño do gran. Normalmente, a pedra e o pedrazorefírense ao gran máis groso, mentres que a sarabia fai alusión ao máis pequeno.
EXPRESIÓNS RIQUIÑAS
- chuzos-punta Expresión que usan en Galicia cando está a chover a mares.
- Con Xeito: «Facer as cousas con xeito é facer as cousas ben e con arte. Imos, non facer trapalladas. Sédeme xeitosos sempre». A RAG aclara que é a « maneira óptima de realizar unha actividade que require certos dotes».
- de- quen-ves- sendo E ti de quen es? Mítica pregunta que fará unha avoa ou señora de pobo galega para pescudar de que familia es.
- lusco-fusco, a hora bruxa. Momento entre o día e a noite, en que a luz desapareceu case por completo e as cousas percíbense como sombras. Unha desas expresións que non teñen traducción exacta noutro idioma.
- malo- será Cando un galego dígache isto non che desexará nada malo ou se poñerá no peor, se non que é unha das súas expresións máis optimistas.
- madia- leva Unha das expresións máis típicas de Galicia, unha exclamación que significa exactamente “Así calquera!”
- tanto-me-dá Unha forma moito mellor de dicir “dáme o mesmo”.
- ser-un- toxo O toxo é unha planta silvestre con petiscos e fea. A palabra úsase para describir a alguén que é basto, bordo ou arisco.
- Marcho que teño que marchar: frase redundante onde as haxa, pero marchar é irse, así que sería vou que me teño que ir.
- Con sentidiño: outra frase de avós. Vén dicir que non fagas bobadas nin te fagas dano ( non te manques ). Sempre hai que andar con sentido por esta vida.
- chegar-e- encher O seu significado é parecido a “chegar e bicar o santo”. Cando chegas a un restaurante e aténdenche ao instante, cando chegas a un lugar e triunfas desde o principio.
- vaiche- boa O equivalente galego a un “xa che gustaría”. Dito con retranca (ironía galega) cando pensas algo non vai saír ben. Heredeiros Dá Crus versionaron “ My Sharona” para convertela no seu particular “ Vaiche Boa”
- E logo?: Non se refire a algo temporal, non. Usámolo no sentido de preguntar “por que?”.
OUTROS RECURSOS EMPREGADOS NESTE TALLER
Aquí tedes un vídeo onde dúas mozas blogueiras fan un ránking das palabras máis bonitas do idioma galego. Podedes entrar na seguinte ligazón para ver a lista das palabras máis votadas aquí: http://goo.gl/Ebs976
Non vos perdades o vídeo:
CRUCIGRAMAS
Recordade que non poidemos pór acentos nin a grafía "ñ" dado que a aplicación empregada está en inglés |
No hay comentarios:
Publicar un comentario