viernes, 15 de julio de 2016

Peque repaso do Cole no verán

Durante as vacacións escolares na CiberCaixa dos Mallos,  aínda que aprobásemos todo,  traballamos as materias  do cole que máis necesitamos reforzar. 
REPASAMOS LÍNGUA CASTELÁ


No caso da asignatura de lingua aproveitamos o Emocionario para traballar a educación emocional e reforzar a materia de lingua española.  Cantas veces confundimos unha emoción con outra (por exemplo, envexa e celos)? Ou non soubemos expresar claramente que sentimos?

Despois de empezar a traballar con este dicionario de emocións puidemos comprobar que non é sinxelo expresar o que sentimos porque descoñecemos o  vocabulario das emocións. Se a linguaxe permítenos manifestar o que pensamos ou sentimos, entón descoñecer determinadas palabras e o seu significado limita en gran medida a expresión dos nosos sentimentos e emocións. Mesmo é posibel que nos limite na nosa capacidade para comprender o que pensamos ou sentimos. E é que pensar e falar, por máis que non compartan orixe, son dúas actividades moi vinculadas.



REPASAMOS LÍNGUA GALEGA

A mellor maneira de repasar a nosa lectura en galego é a través da música, e para iso utilizamos diferentes materiais en galego. Así un dos libros empregados foi Alegría! de Sergio Tannus,  que facilitoumos moito a labor cunhas  cancións  pegadizas, con letras sinxelas.

O libro, consta dun conto protagonizado pola pequena Alegra, unha eiruga que, con semellante nome, parece claro que ten que ser todo ledicia. Mais as cousas non teñen por que ser necesariamente así e Alegra vai ir vivindo todo un mollo de aventuras sorprendentes que, canción a canción, irán axudándonos a viaxar polo territorio da fantasía.

Canda o conto, 13 cancións:
Libre para voar, Nubes, Oscar e a xanela, Sandaliña, O mosquito inaudito, Menta Plenta, Eu teño un corpo, Ou iso ou Aquilo, O futuro xa chegou, Maquina do amor, Alegría, Danza do universo, Final.






No hay comentarios:

Publicar un comentario