miércoles, 12 de marzo de 2025

Desafíos Matemáticos de Harry Potter: Celebra o Día do Número Pi xogando







O 14 de marzo celébrase o Día das Matemáticas, tamén coñecido como o Día do número Pi (𝞹), e a súa finalidade é destacar a importancia das matemáticas para o desenvolvemento intelectual, tanto de nenos como de nenas. Este día é perfecto para explorar e divertirnos coas matemáticas, un campo que está presente en moitas das actividades que realizamos no día a día, desde xogar até resolver problemas que nos axudan a entender o mundo que nos rodea.

Para que o aprendamos dunha forma divertida, propoñovos  un xogo de matemáticas inspirado no máxico mundo de Harry Potter. Neste xogo, tanto nenos como nenas, ademais de xogar, poderán aprender conceptos matemáticos de maneira dinámica e amena. É unha oportunidade para mellorar as habilidades matemáticas mentres nos imos introducindo en xogos de lóxica, resolución de problemas e cálculo, todo de maneira divertida e adaptada a todas as idades.

Non fai falta ser un experto en matemáticas, só é necesario ter gañas de aprender e pasalo ben! 🧙‍♂️🔮

O reto de hoxe vai consistir en debuxar duas personaxes de Howarts: Harry Potter e unha besta fermosa chamada Nifflers






Harry Potter por pasos

Que vos parece debuxar a Harry Potter por pasos?



DEBUXAR Nifflers connosco

Hai unha besta fantástica máis linda que o Niffler?  Que tal se creas o teu?


E aquí están as cosas versións de Harry e o Niffler





No hay comentarios:

Publicar un comentario