viernes, 4 de enero de 2019

Aprendemos a consumir de maneira responsable?

Un dos usuarios de  CiberCaixa propuxo na asemblea matinal  crear xoguetes reciclados con materiais que xa non imos usar.

Reutilizar materiais é unha boa forma de consumir de forma responsable, disciplina que aposta por que cambiemos os nosos hábitos elixindo opcións de consumo respectuosas co medio ambiente e coa nosa sociedade.

Aprendemos a consumir de maneira responsable? Lembrades as 3  R do consumo responsable?

Trátase dunha proposta da asociación Greenpeace para poñer en marcha nos fogares que queiran participar no consumo responsable, e que ti tamén podes poñer en práctica para contribuír á mellora do medio ambiente e da nosa sociedade. Memoriza as 3  R!

Reducir
Se reducimos o consumo de bens físicos e de enerxía, non só aforraremos recursos, senón que minimizaremos o seu impacto no medio ambiente. 
Reutilizar
Esta  R refírese a dar unha segunda vida útil a un produto. Isto non só redúcese a arranxalo se sufriu algún dano, senón tamén a botarlle imaxinación para utilizalo doutra maneira. A roupa, por exemplo, cando está vella, pode ser reutilizada como panos de limpeza ou mesmo para facer coxíns.
Reciclar
O sistema de consumo actual xera envases reciclables, é dicir, que se poden descompoñer nos seus materiais básicos e ser fabricados de novo, por iso é importante separalos no ámbito do fogar e poder utilizar a menor cantidade de recursos posible.

Xoguetes creados na CiberCaixa


Na  CiberCaixa utilizamos materiais como o cartón reutilizado, caixas de zapatos,  papel reutilizado, tapas de plástico, pinzas de madeira da roupa, escarvadentes de madeira, petiscos de madeira para carne ou feixe,  plastilina usada, rolos de papel de cociña  e la. E estes son os nosos xoguetes:  futbolín, castelos, vermes...


No hay comentarios:

Publicar un comentario