jueves, 30 de septiembre de 2021

Lapiseiros con material reciclado

As actividades de reciclaxe  permítennos traballar a importancia de coidar o medioambiente á vez que facemos algo divertido e necesario para que cada un de nos teña o seu propio lapiseiro na cibercaixa. Ademais, as manualidades  axudan a desenvolver a imaxinación, creatividade e motricidade. 

please recycle
Que fixemos?

1) Falamos da importancia da reciclaxe co obxectivo de xerar conciencia: é importante comprender que, por exemplo, desfacerse do plástico contamina o ambiente, magoa animais e dana a longo prazo á propia sociedade. 

2) Collemos o material que necesitamos para facer os lapiseiros. Falamos de onde proveñen os materiais que imos utilizar. Por exemplo o papel se produce coa celulosa das árbores. Saber de onde provén cada material axuda a que valoredes  e entendades por que é necesario reutilizar e reciclar.



3) Eleximos o noso diseño:

Oso panda: DESCARGA AQUÍ





martes, 28 de septiembre de 2021

El reto para mejorar nuestra concentración

La dificultad para concentrarse puede ser un desafío a largo o a corto plazo. En cualquier caso, dificulta el aprendizaje y afecta la vida diaria.

No siempre se pueden cambiar las circunstancias que dificultan la concentración. Pero hay maneras que te pueden ayudar para evitar distracciones y hacer lo que tienes por delante: deberes, trabajos, cuentas,..


En la siguiente infografía repasamos algunas ideas que estamos trabajando en aula para fomentar la concentración:


Aquí os dejo un juego para poner a prueba vuestra atención y concentración. ¿Aceptáis el reto?

 

lunes, 27 de septiembre de 2021

Construimos a casiña das emocións

d i y tools 




Recordades a actividade "A casiña das emocións"que fixemos a semana pasada  ? 

Agora imos construir a nosa vivenda. 

Que necesitamos? 

 Materiais: 

  •  Cartón 
  • Tesoiras 
  • Cores 
  • Pegamento 
  • Lapis 
  • Regra

Como o facemos? 

Instrucións:


  1. Debuxa a casa no cartón e recorta a súa silueta
  2. Debuxa por dentro as habitacións da casa e despois podes pintalas
  3. Imprime o arquivo das emocións, os mobles e utensilios da casa. Recórtaos e pégaos na casa. Podes descargar o arquivo aquí.

Aquí tes o resumo da actividade: 


viernes, 24 de septiembre de 2021

“La Palma, Palma y Las Palmas”: la explicación de una grancanaria se convierte en viral

desert island

En el siguiente vídeo  Guiayara trata de explicar la diferencia entre “Palma”, capital de Mallorca; “Las Palmas”, una de las provincias Canarias; “Las Palmas de Gran Canaria”, capital de Gran Canaria y “La Palma”, isla en la que ha entrado un volcán en erupción.
@guiayara.acosta

No pasa nada por no saber cosas, pasa algo por opinar sobre cosas que no sabemos ❌ #greenscreen #lapalmacanaryislands #lapalma #volcan

♬ sonido original - Guiayara Acosta
Después de escuchar el vídeo intenta averiguar qué afirmaciones son ciertas y cuales son falsas en la siguiente actividad:


 

jueves, 23 de septiembre de 2021

A Casiña das Emocións

Hoxe no noso reconocemento emocional imos facer un xogo que se chama A Casiña das Emocións, para poder entender como funcionan as emocións básicas
 
A casiña  vai ter diferentes estancias que se corresponden a cada unha das emocións. As vosas  casiñas  serán  diferentes xa que cada un de vós  vive e experimenta as emocións  de maneira diferente. O importante é que todas elas forman a nosa casiña e  sen elas faltaríanos algunha estancia na nosa vivenda

Recordade  que as emocións son parte de nós, todos temos emocións e  non podemos evitar sentir cousas.


PASOS :Bitmoji Image

A) Tedes que entrar no voso usuario/a de Liveworksheets

B) Facer a actividade individual no ordenador

C) No patio exterior participar na actividade grupal

ACTIVIDADE INDIVIDUAL

Imos facer esta folla de traballo interactiva que ten os seguintes apartados:

1º) Unimos con frechas cada emoción coa súa cor 

2ª) Despois cada un colocará na súa casa as diferentes emocións na estancia que cada un elixa

3º) Falamos de cada emoción. 

Por exemplo, no caso do amor  poderías dicir que é unha emoción positiva; que  pensas cousas boas; que sintes alegría e calma, aínda que tamén estás despistado; que fas  moitas cousas como  bicar, abrazar, rir, etc;


ACTIVIDADE GRUPAL 

4º) Finalmente faremos unha reflexión conxunta. 

A próxima semana construiremos a nosa propia casiña con material reciclado.

Na vosa casiña colocaredes  as vosas emocións  e explicaredes  o motivo que os levou a facelo. 

 Por exemplo: eu coloquei o amor na cociña porque penso que cando comemos na cociña e cociñamos o facemos con amor e enchería de bicos, de abrazos e ese tipo de adornos toda a estancia.



miércoles, 22 de septiembre de 2021

Unha historia de optimismo e de valentía

crayon heart
Carmesina é unha nena especial que vive nunha cidade onde as cores desapareceron. Un incidente provocaralle un cambio na súa vida difícil de asumir e entender, pero un encontro máxico daralle a oportunidade de volver dar cor á súa propia vida e á súa cidade. Esta é unha historia de optimismo e de valentía que incentiva o desenvolvemento dos nosos soños e talentos.

Lede esta marabillosa historia e facede as actividades 

martes, 21 de septiembre de 2021

Sabedes que é un volcán?

Estamos a falar moito dos volcáns porque se produciu nestes días a erupción do volcán de Cumbre Vieja na illa da  Palma.

Desde a páxina do Instituto Xeográfico Nacional é posible seguir a actividade volcánica de Cumbre Vieja desde o momento exacto no que comezou a erupción. (Premede na imaxe)



ACTIVIDADES 



Imos facer unha serie de actividades para coñecer un pouco mais sobre os volcans, a illa de Palma e o seu arquipélago. 

 .

1) No seguinte mapa, vedes onde están as Illas Canarias?





2.- Cal é a Palma? E as outras illas como se chaman?

(Preme na imaxe e averigua que sabes do arquipélago)



3.- VÍDEO


No seguinte vídeo poderedes aprender que son os volcáns e como se forman; as diferenzas entre lava e magma ou os diferentes tipos de gases que se emiten no momento dunha erupción. Tamén se enumeran os distintos tipos de erupción: efusivas e explosivas.


 

 4.-KAHOOT


Estivestes moi atentos ao vídeo? Propóñovos facer un Kahoot





lunes, 20 de septiembre de 2021

Quen son?

E ti? Que pensas sobre ti mesmo?


O autoconcepto é a imaxe que tes  de ti mesmo. Engloba o conxunto de opinións, ideas, valoracións e sentimentos que cada un de nós formamos  sobre nós mesmos . Fan referencia ás túas características e capacidades tanto persoais (habilidades, trazos físicos, etc.)

 
fun

Quien soy, una ficha interactiva de andrea021322
liveworksheets.com
 

Respiraciones

 Estamos empezando el curso, así que por lo que parece es el momento propicio para practicar estos ejercicios y así completar nuestras sesiones de chequeo emocional . 

¿Empezamos? ¿Qué es lo que me pasa?? 


 Como  vimos la semana pasada, en nuestro chequeo emocional cuando experimentas una situación estresante (como un dinosaurio que te persigue), tu cuerpo entra automáticamente en lo que se conoce como modo de " lucha, huida o congelación". Tu ritmo cardíaco aumenta, tu estómago detiene la digestión y tu respiración se vuelve más superficial. 



 ¿Para que hicimos hoy estos ejercicios? 

 El objetivo de estos ejercicios de calma ha sido volver del modo " lucha, huida o congelación” al modo "descansar y digerir". 

Momento de la dinámica de hoy en el patio exterior


La respiración profunda ayuda a llevar más oxígeno al torrente sanguíneo, lo que abre los capilares. Tiene un efecto físico en tu cuerpo para ayudar a calmarte y disminuir el estrés. Elige la forma que más te guste y practica ;-)



 Recordad las dinámicas que hemos hecho estos días y... FELIZ COMIENZO DE CURSO



jueves, 16 de septiembre de 2021

Dinámica do Arco da Vella

Momento da dinámica. Vese o Arco da Vella que está feito a man  con tapas de plástico e os pompóns

 

Hoxe despois de facer exercicio físico  no noso recoñecemento emocional fixemos  a dinámica do arco da vella: 

En primer lugar colocámonos en semicírculo, sentadas ou de pé. 

En segundo lugar, fixemos unha primeira rolda de nomes de esquerda a dereita porque temos unha nova incorporación na aula.

Despois cada un de nós colocamos diferentes pompones no arco da vella  seguindo este código de cores: 

- O pompón vermello para dicir que estamos enfadados 
- O pompón azul para dicir que estamos tristes 
- O pompón amarelo para dicir que estamos alegres 
- O pompón verde para dicir que estamos tranquilos 
- O pompón branco para dicir que temos unha emoción distinta das anteriores

Por último, os usuarios e usuarias contaron  moitas cousas que aconteceron no cole e explicaron a razón de colocar un pompón ou outro.

miércoles, 15 de septiembre de 2021

Que podemos facer cando notamos que a pelota vermella estásenos facendo máis e máis grande ?

Bitmoji Image
Dentro do noso recoñecemento emocional de hoxe comparto unha proposta de contos e actividades que vos axudarán a reflexionar sobre a necesidade de aprender a superar os “fracasos” e por tanto a tolerar a frustración. Preparados/as ?

O anoxo é como unha pelota que temos todos dentro. Se seguimos anoxados moito tempo esa pelota vaise facendo máis e máis grande. Que podemos facer?



martes, 14 de septiembre de 2021

Como é Ferdinand?

 Ferdinand é un touro especialmente coidadoso, tanto coas flores como cos outros touros, cos animais que non son da súa especie, coas persoas ás que se achega, etc 

O gran problema de Ferdinand durante case toda a película é que non sabe que facer para que os seus iguais entendan a decisión que tomou sobre o seu estilo e forma de ser

Que pensades?

Aquí déixovos un guión sobre algún dos temas dos que podemos falar cando terminemos de ver a película Ferdinand



Ferdinand, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com

lunes, 13 de septiembre de 2021

Hoxe vemos a peli Ferdinand

«Ferdinand é un xato moi tranquilo que prefire sentar baixo unha árbore para cheirar as flores que saltar, e pelexar con outros. A medida que vai crecendo e facéndose forte o seu temperamento non cambia e segue sendo un touro manso. Un día uns homes veñen buscando o touro máis grande, rápido e bravo… e Ferdinand é elixido equivocadamente para as corridas de touros de Madrid.»

ACTIVIDADES 

Que os parece o argumento ? Despois de ver a peli propóñovos estas actividades

Os ourizos bailando Macarena


Na pelicula soa a canción de Macarena dos do Río. Animádesvos a facer o baile?




Que vos parece empezar debuxando a Ferdinand coa súa amiga Nina? 


E aquí tedes algunha actividade máis 


 

¿Qué os parece jugar al ahorcado online?

Bitmoji Image
Este sencillo juego os aporta algunos beneficios: 

 1. Estimula la inteligencia.
 2. Aumenta la concentración y atención. 
 3. Enseña a manejar las letras del alfabeto.
 4. Ayuda en la pronunciación. 
 5. Enseña a escribir.
 6. Aumenta el vocabulario, os ayuda a aprender palabras nuevas.


INSTRUCCIONES DEL JUEGO ONLINE

Podéis mover los guiones, las X y los O. Lo mismo ocurre con las partes del ahorcado: ¡Se pueden mover! 

Usando una fila de guiones, representáis la palabra a adivinar, dando el número de letras. Si el jugador/a adivinador/a acierta una de las letras de la palabra ponéis un circulo verde en el abecedario. En cambio si se equivoca ponéis una equis roja. El jugador/a adivinador/a puede equivocarse hasta  seis veces. 

EL JUEGO 



viernes, 10 de septiembre de 2021

¿Y tú qué harías?

Bitmoji Image

En situaciones de estrés, pánico o amenaza actuamos de forma instintiva con cuatro posibles reacciones : 
  1. Huir, escapar
  2. Agresividad
  3. Bloqueo
  4. Sumisión. 

En todos estos casos, la respuesta no es racional ni creativa, sino inconsciente, automática, lo que impide adoptar la mejor solución. 

 Ante una situación que nos supera podemos intentar mantener la calma y recurrir al semáforo "para, respira, piensa y actúa" para tomar mejores decisiones. 

  • PARAR Y RESPIRAR: ¿Qué pienso y como actúo ante esta situación?

  • PENSAR ALTERNATIVAS ¿Cuáles son las consecuencias de cada una?

  • ACTUAR En base a la alternativa más adecuada


Vamos a ponernos en situación. ¿Qué te parece?
keeping calm during armageddon

¿Y tú qué harías?, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com

jueves, 9 de septiembre de 2021

¡Dame 10! (Descansos Activos Mediante Ejercicio físico)

Workin It

Hoy ha empezado el curso 2021-2022 en primaria y en la Cibercaixa Mallos cambiamos nuestro horario de la mañana a la tarde.

Llegamos al centro a  las cuatro y media  y después de  lavarnos muy bien las manos hemos cogido  los balones y los frisbees para jugar y hacer ejercicio físico siguiendo los principios de la neurociencia. 

Buscamos así el beneficio inmediato para nuestro cerebro, incluyendo el estado de ánimo y la concentración.  La práctica de actividad física se asocia positivamente con un mejor rendimiento académico, una mejor autoestima y una disminución del riesgo de ansiedad y depresión.

La propia LOMCE recoge en su disposición cuarta la importancia que la actividad física tiene en el comportamiento infantil y juvenil para favorecer una vida activa, saludable y autónoma, y la necesidad de asegurar su práctica dentro de la jornada escolar. 

En nuestro chequeo emocional del hoy hemos hablado de nuestro primer día de clase y de comedor. También hablamos de algunas de las normas de convivencia del aula ¿Que os parecen?




 ¡Dame 10! (Descansos Activos Mediante Ejercicio físico) 

En  apoyo escolar hemos hecho una de las actividades de ¡Dame 10!

 

¡Dame 10! (Descansos Activos Mediante Ejercicio físico) son materiales curriculares que se realizan en el marco de la Estrategia de Promoción de la Salud y Prevención (EPSP) que forman parte de una de las acciones seleccionadas a realizar en el entorno educativo a fin de mejorar la actividad física entre los menores para asi promocionar su salud.  

Estos materiales están compuestos de una serie de actividades físicas de una duración de entre 5 y 10 minutos, diseñadas para ser desarrolladas en el aula, durante el horario lectivo,  sin apenas material específico y de una manera sencilla, divertida y significativa para el alumnado. 

Las actividades han sido diseñadas para trabajar contenidos curriculares de todas las áreas de conocimiento que se imparten en la etapa de Primaria y contenidos correspondientes al 2º ciclo de Educación Infantil. En el siguiente link podéis encontrar el material que estamos usando: 

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/Estrategia/DAME10.htm



miércoles, 8 de septiembre de 2021

Dínamica de la autoestima con acuarela

Esta mañana ha llovido mucho pero nos hemos resguardado en los soportales del Centro Cívico Os Mallos para jugar a la mariola, un juego de puntería, equilibrio y diversión.

Mariola de 12 casillas 

La última semana de agosto  estuvimos trabajando el concepto de la autoestima ¿Os acordáis?
happy tree

Algunos y algunas  empezamos a hacer la dinámica del árbol de la autoestima y salieron   versiones diferentes:

1.- Un árbol realizado con cartón 




2.- Un árbol de goma eva





3.- Un árbol realizado con acuarela

Hoy hemos creado una versión nueva  del árbol de la autoestima con acuarela:

PASOS


Aquí os dejo los pasos  que seguimos para hacer esta nueva creación artística: 


1.- Dibujamos el árbol con  acuarela
2.- Entramos en nuestro usuario de Liveworksheet y pensamos individualmente nuestro árbol
3.- Colocamos las etiquetas del árbol:
  • Raíces: Yo soy... (Los adjetivos referidos a mi persona)
  • Ramas: A mi me gusta, se me da bien (Las cosas que me gusta hacer y se me dan bien)
  • Frutos: "Yo he logrado..." (Lo que he conseguido)

4.- Invitamos a los compañeros y compañeras a que participaran en las raíces de nuestro árbol. Aportando ideas de como nos ven lo demás.


martes, 7 de septiembre de 2021

CHINCHÓN



A semana pasada coñecemos a baralla española e avaliamos os nosos coñecementos con un kahoot sobre o vocabulario e as frases feitas máis curiosas relacionadas con esta baralla. Acordádesvos? 

Pois esta semana imos coñecer outro xogo diferente que se chama chinchón.

Regras do xogo Chinchón


 O Chinchón é un xogo de cartas, moi popular en España e algúns países de Sudamérica, no que se deben ligar as cartas da man en grupos de tres ou máis. O obxectivo do xogo  consiste en combinar as cartas formando escaleiras ou grupos co mesmo indice. 

Para empezar

 Úsase unha baralla española de 40 ou 48 cartas, con ou sen comodines. Repártense sete cartas a cada xogadora ou xogador. Déixase no centro unha carta boca arriba á beira do resto da baralla, que está boca abaixo. 

Xogar as cartas

Cada xogador ou xogadora na súa quenda debe coller a carta superior do montón, ou ben, se considera que lle convén, a carta descuberta no centro. Tras coller esa carta, e con 8 cartas na man, a xogadora ou o xogador debe lanzar unha delas, descuberta, ao centro da mesa, sobre as que hai alí boca arriba. 

 Ligar as cartas 


En cada man, as xogadoras e xogadores  deben tentar ligar as súas cartas. 
Ligar as cartas é facer grupos de polo menos tres cartas unidas por un dos criterios seguintes: 

  • Cartas co mesmo índice. 
  • Cartas dun mesmo pau que forman unha escaleira. 

Se a partida é con comodines, estes poden substituír a calquera carta da baralla. 
Debe haber en cada grupo de cartas polo menos dúas que non sexan comodín. 

Pechar a man 

Un xogador ou xogadora  na súa quenda, ao desfacerse dunha carta, pode pechar a man se as súas cartas cumpren unha destas condicións: 
  1.  Forman unha escaleira de sete cartas. 
  2. Están ligadas en dous grupos, un de tres cartas e outro de catro. 
  3. Están ligadas en dous grupos de tres cartas (ou ocasionalmente unha escaleira de seis cartas), e a sétima carta ten un valor inferior a cinco. Na primeira volta de cada man non se pode pechar.

Colocar as cartas 

No Chinchón, unha vez que un xogador ou xogadora  pechou unha man, os demais deben tentar sumar a menor cantidade posible de puntos. 
Para iso, as xogadoras e  os xogadores van mostrando os grupos de cartas ligadas. Se a xogadora e o xogador que pechou a man quedouse cunha carta sen ligar, os xogadores poden colocar as cartas que lles restan en calquera dos grupos da mesa.
 Con todo, isto non é posible cando quen pecha faio tendo as súas sete cartas ligadas. 

Reconto da man 

Unha vez colocadas todas as cartas ligadas, cada xogadora ou xogador suma os puntos das cartas restantes. 
Se o xogador ou xogadora  que pecha a man faio ligando as súas 7 cartas, obtén o premio de restar puntos: 
  • Menos 10 (-10) con dous grupos de cartas (un de tres e outro de catro). 
  • Menos 25 (-25) cunha escaleira de sete cartas con dúas comodines. 
  • Menos 50 (-50) cunha escaleira de sete cartas cun comodín. 
  • Chinchón: cunha escaleira de sete cartas sen comodines gaña a partida directamente.

lunes, 6 de septiembre de 2021

Lanzamento de frisbee

Iniciamos a mañá cos pratos voadores que construímos con material de refugallo e algunhas das nosas creacións artísticas. 

Sabías que este xogo xorde en América do Norte despois da Segunda Guerra Mundial -1946- cando os mozos empezaron a lanzar os moldes ou bases sobre os que repousaban as tortas dunha empresa pasteleira chamada “ Frisbien Pie Company”?


Esta semana organizamos varias actividades diferentes cos nosos frisbbes:

  • LANZAMENTO LIBRE: O alumnado lanzou libremente o frisbee ao aire con coidado de non facerse dano e non facer dano aos demais.
  • LANZAMENTO A DISTANCIA:  Pintouse un círculo na parede e o alumnado tentou que o seu frisbee caese dentro do círculo aumentando aos poucos a distancia á vez que se aumentaba a dificultade.




  • Pases co frisbee entre o alumnado :
    1. En parellas
    2. Todos xuntos



jueves, 2 de septiembre de 2021

Dúas habilidades sociais esenciais para relacionarse cos demais

chalkboard lightbulb

Na aula estamos a aprender cada día a relacionarnos cos demais. Ás veces xorden  discusións, enfados ou mesmo algún ou algunha  se deixa levar polos outros/as. 

Aínda que todo iso ocorre a miúdo, é importante que os nenos e as nenas aprendan a relacionarse dunha maneira eficaz, para ver reforzada a súa seguridade e autoestima. Dúas habilidades sociais esenciais para conseguilo son a empatía e a asertividade:

  •  A EMPATÍA é a capacidade de poñernos no lugar do outro, entenderlle e saber como sente. As persoas empáticas coñecen e manexan mellor as súas emocións, son máis sensibles, comprensivas, sociables e xenerosas. Outras calidades que posúen estas persoas son:  saber escoitar aos demais e entender os seus problemas e as súas emocións. 

  • A ASERTIVIDADE defínese como unha habilidade social que nos permite comunicarnos defendendo os nosos dereitos, de maneira clara e directa, tendo en consideración á outra persoa, sen ferir os seus sentimentos. A asertividade permítenos defendernos sen ansiedade e sen negar os dereitos dos demais.


Os propoño esta actividade:

1º) Mirade este CORTO


2º) Respondede estas preguntas 



Empatía y asertividad

3º) Imos pensar entre todos como poderían haber resolto de maneira mais sinxela os protagonistas do corto as súas diferencias. Son empáticos? Son asertivos?

miércoles, 1 de septiembre de 2021

O xogo de naipes italiano: Scoba

 

Para empezar 

playing cards
Non coñeces a baralla española de cartas? Preme na seguinte imaxe e poderás coñecela:

Autor(es): Federico Escudero Álvarez y Enara Villán Mirás

Despois de facer as actividades que propón PROFEdeELE poderás facer este KAHOOT 




 O xogo de naipes italiano:  Scoba

Para xogar á escoba úsase unha baralla española de 40 cartas. Repártense tres cartas a cada xogador ou xogadora e colócanse catro cartas boca arriba no centro da mesa.

Obxectivo e normas principais  do xogo

Na súa quenda cada xogador ou xogadora  debe lanzar unha das súas cartas e tentar que some 15 puntos cunha ou varias das que hai sobre a mesa e levalas. Se non é posible sumar 15 coa carta xogada e algunha da mesa, a carta déixase descuberta no centro coas demais. 

SOTA 8; CABALO 9; REI 10


 Valor das cartas: as figuras ( sota, cabalo e rei) contan 8, 9 e 10 puntos respectivamente, o resto de cartas contan o que indica o seu índice (1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7). 

 Escoba: se un xogador ou xogadora na súa quenda ao sumar 15 leva todas as cartas que haxa sobre a mesa, fai unha escoba.

Cando todos os/as xogadores e xogadoras xogaron as súas tres cartas, volven repartirse outras tres cartas a cada un. E así ata que se esgoten as cartas da baralla. Ao acabar a man (unha vez xogadas todas as cartas da baralla), as cartas que queden no centro lévaas o último xogador ou xogadora  que lograse levar cartas na súa quenda. Ao comezo da man, se as catro cartas depositadas sobre a mesa suman exactamente un ou dous grupos de 15, quen reparte lévaas para si sumando unha ou dúas escobas respectivamente. 

Reconto de puntos


Unha vez acabada unha man procédese ao reconto dos puntos: 
1 punto por cada escoba. 
1 punto por ter o sete de ouros. 
1 punto por ter a maioría dos setes da baralla. 
1 punto por ter a maioría de cartas da baralla. 
1 punto por ter a maioría de cartas do pau de ouros da baralla. 

En caso de empate en calquera dos conceptos ( sites, ouros, cartas), ambolos dous  xogadoras ou xogadores suman o punto correspondente. 

Final da partida

Xóganse tantas mans como fagan falta ata que alguén alcance a puntuación obxectivo para vencer a partida.