jueves, 16 de septiembre de 2021

Dinámica do Arco da Vella

Momento da dinámica. Vese o Arco da Vella que está feito a man  con tapas de plástico e os pompóns

 

Hoxe despois de facer exercicio físico  no noso recoñecemento emocional fixemos  a dinámica do arco da vella: 

En primer lugar colocámonos en semicírculo, sentadas ou de pé. 

En segundo lugar, fixemos unha primeira rolda de nomes de esquerda a dereita porque temos unha nova incorporación na aula.

Despois cada un de nós colocamos diferentes pompones no arco da vella  seguindo este código de cores: 

- O pompón vermello para dicir que estamos enfadados 
- O pompón azul para dicir que estamos tristes 
- O pompón amarelo para dicir que estamos alegres 
- O pompón verde para dicir que estamos tranquilos 
- O pompón branco para dicir que temos unha emoción distinta das anteriores

Por último, os usuarios e usuarias contaron  moitas cousas que aconteceron no cole e explicaron a razón de colocar un pompón ou outro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario