Para empezar
Non coñeces a baralla española de cartas? Preme na seguinte imaxe e poderás coñecela:
Autor(es): Federico Escudero Álvarez y Enara Villán Mirás |
Despois de facer as actividades que propón PROFEdeELE poderás facer este KAHOOT
O xogo de naipes italiano: Scoba
Para xogar á escoba úsase unha baralla española de 40 cartas. Repártense tres cartas a cada xogador ou xogadora e colócanse catro cartas boca arriba no centro da mesa.
Obxectivo e normas principais do xogo
Na súa quenda cada xogador ou xogadora debe lanzar unha das súas cartas e tentar que some 15 puntos cunha ou varias das que hai sobre a mesa e levalas. Se non é posible sumar 15 coa carta xogada e algunha da mesa, a carta déixase descuberta no centro coas demais.
Valor das cartas: as figuras ( sota, cabalo e rei) contan 8, 9 e 10 puntos respectivamente, o resto de cartas contan o que indica o seu índice (1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7).
Escoba: se un xogador ou xogadora na súa quenda ao sumar 15 leva todas as cartas que haxa sobre a mesa, fai unha escoba.
Cando todos os/as xogadores e xogadoras xogaron as súas tres cartas, volven repartirse outras tres cartas a cada un. E así ata que se esgoten as cartas da baralla.
Ao acabar a man (unha vez xogadas todas as cartas da baralla), as cartas que queden no centro lévaas o último xogador ou xogadora que lograse levar cartas na súa quenda.
Ao comezo da man, se as catro cartas depositadas sobre a mesa suman exactamente un ou dous grupos de 15, quen reparte lévaas para si sumando unha ou dúas escobas respectivamente.
Reconto de puntos
Unha vez acabada unha man procédese ao reconto dos puntos:
1 punto por cada escoba.
1 punto por ter o sete de ouros.
1 punto por ter a maioría dos setes da baralla.
1 punto por ter a maioría de cartas da baralla.
1 punto por ter a maioría de cartas do pau de ouros da baralla.
En caso de empate en calquera dos conceptos ( sites, ouros, cartas), ambolos dous xogadoras ou xogadores suman o punto correspondente.
Final da partida
Xóganse tantas mans como fagan falta ata que alguén alcance a puntuación obxectivo para vencer a partida.
Mais información aquí: https://www.nhfournier.es/como-jugar/escoba/
No hay comentarios:
Publicar un comentario