Pois esta semana imos coñecer outro xogo diferente que se chama chinchón.
Se a partida é con comodines, estes poden substituír a calquera carta da baralla.
Regras do xogo Chinchón
O Chinchón é un xogo de cartas, moi popular en España e algúns países de Sudamérica, no que se deben ligar as cartas da man en grupos de tres ou máis. O obxectivo do xogo consiste en combinar as cartas formando escaleiras ou grupos co mesmo indice.
Para empezar
Úsase unha baralla española de 40 ou 48 cartas, con ou sen comodines. Repártense sete cartas a cada xogadora ou xogador. Déixase no centro unha carta boca arriba á beira do resto da baralla, que está boca abaixo.
Xogar as cartas
Cada xogador ou xogadora na súa quenda debe coller a carta superior do montón, ou ben, se considera que lle convén, a carta descuberta no centro.
Tras coller esa carta, e con 8 cartas na man, a xogadora ou o xogador debe lanzar unha delas, descuberta, ao centro da mesa, sobre as que hai alí boca arriba.
Ligar as cartas
En cada man, as xogadoras e xogadores deben tentar ligar as súas cartas.
Ligar as cartas é facer grupos de polo menos tres cartas unidas por un dos criterios seguintes:
- Cartas co mesmo índice.
- Cartas dun mesmo pau que forman unha escaleira.
Se a partida é con comodines, estes poden substituír a calquera carta da baralla.
Debe haber en cada grupo de cartas polo menos dúas que non sexan comodín.
Pechar a man
Un xogador ou xogadora na súa quenda, ao desfacerse dunha carta, pode pechar a man se as súas cartas cumpren unha destas condicións:
- Forman unha escaleira de sete cartas.
- Están ligadas en dous grupos, un de tres cartas e outro de catro.
- Están ligadas en dous grupos de tres cartas (ou ocasionalmente unha escaleira de seis cartas), e a sétima carta ten un valor inferior a cinco. Na primeira volta de cada man non se pode pechar.
Colocar as cartas
No Chinchón, unha vez que un xogador ou xogadora pechou unha man, os demais deben tentar sumar a menor cantidade posible de puntos.
Para iso, as xogadoras e os xogadores van mostrando os grupos de cartas ligadas. Se a xogadora e o xogador que pechou a man quedouse cunha carta sen ligar, os xogadores poden colocar as cartas que lles restan en calquera dos grupos da mesa.
Con todo, isto non é posible cando quen pecha faio tendo as súas sete cartas ligadas.
Reconto da man
Unha vez colocadas todas as cartas ligadas, cada xogadora ou xogador suma os puntos das cartas restantes.
Se o xogador ou xogadora que pecha a man faio ligando as súas 7 cartas, obtén o premio de restar puntos:
- Menos 10 (-10) con dous grupos de cartas (un de tres e outro de catro).
- Menos 25 (-25) cunha escaleira de sete cartas con dúas comodines.
- Menos 50 (-50) cunha escaleira de sete cartas cun comodín.
- Chinchón: cunha escaleira de sete cartas sen comodines gaña a partida directamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario