Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de mayo de 2025

👵🎤 Das avoas ás netas: cantigas con alma galega

 

📅 O Día das Letras Galegas 2025

🌼 Este ano está dedicado ás cantareiras e ás cantigas tradicionais galegas.

🎤 As cantareiras eran mulleres que cantaban cancións populares en galego.
Grazas a elas, moitas destas cancións chegaron ata nós. ✨

👵👧 Estas cancións pasaban de xeración en xeración:
das avoas ás netas, das nais ás fillas, entre amigas e veciños.

🚜 As cantareiras cantaban nas rogas, que eran traballos no campo onde todos se axudaban.
Ao rematar, facían festa con música e baile, e elas eran as protagonistas. 💃🥁

👩‍🌾 Este ano homenaxéanse a estas mulleres:

  • Adolfina e Rosa Casás de Cerceda

  • Eva Castiñeiras de Muxía

  • Prudencia, Asunción Garrido e Manuela Lema, das Pandeireteiras de Mens, en Malpica de Bergantiños.

🎶 Elas axudaron a conservar a nosa lingua cantando, e hoxe, grazas a elas, celebramos o Día das Letras con moito orgullo!

🎉 Como celebramos?
Nas escolas, nas rúas e nas vilas haberá contacontos, música, bailes e moitas actividades divertidas para aprender máis sobre a nosa cultura.

💬 Por que é importante?
Porque así lembramos que o galego é unha lingua chea de historias, músicas e tradicións moi bonitas que debemos coidar entre todos e todas.


📌 Actividade paso a paso:

  • 🗣 Presentación breve (5 min)
📖 A través da lectura, aprendemos quen foron as protagonistas deste Día das Letras Galegas e como axudaron a conservar a nosa música tradicional. Despois, reflexionamos en grupo e realizamos pequenas actividades de maneira colectiva para afondar no que aprendemos.

  • 👂🎧 Escoita activa (10 min)
Escoitamos unha canción tradicional galega  A saia da Carolina 
— O alumnado pode seguir o ritmo coas palmas e a pandeireta .

  • 🥁🙌 Aprender o retrouso (estribillo en castellano) (10 min)
Repetímolo en grupo, facendo o ritmo coas mans ou cunha pandeireta 


  • 🎤🎵 Cantar en grupo (10 min)
Facemos unha pequena actuación xuntos, como se fósemos unha rondalla!
  • 💬🧠 Reflexión final (10 min)
— Que aprenderon da canción?
— Gustoulles?
— Que partes lles pareceron máis divertidas?

jueves, 16 de mayo de 2024

O Día das Letras Galegas 2024


O Día das Letras Galegas 2024 celebra a vida e a obra de Luísa Villalta, unha talentosa escritora galega que deixou un legado importante. É un momento perfecto para descubrir os seus libros, pensar sobre os temas que trataba e gozar da rica cultura galega a través da lectura e a creatividade. Feliz Día das Letras Galegas!

Desde a Área Educativa de Afundación deseñáronse diferentes formatos mediante os que achegarse á figura de Luísa. O primeiro deles é un conto interactivo para público infantil e primeiros cursos de primaria, mediante o que os mais novos da ciber podedes  ler e xogar á vez. O conto pretende presentar de maneira sinxela e comprensible a Luisa Villalta, tomando como tema principal a fusión da música coa poesía, unha liña temática moi presente na obra de Villalta. Os xogos propostos ao longo do conto son sinxelos retos de vogais con algunha audición cos que ofrecer aos máis pequenos os seus primeiros encontros coas letras e as palabras.

O CONTO



A RODA DE LETRAS

O segundo formato é unha roda de letras  que fai  un percorrido pola vida e obra desta escritora: a súa paixón pola música, o ensino e a escritura. O seu activismo social e a súa mestura coas artes plásticas son algúns dos fitos que terán que descubrir na súa roda de palabras.


Que vos parece se construímos unha lupa para xogar con Luisa Villalta?

Empregade a lupa para pescudar as repostas!




Aquí tedes moitos mais  xogos ! 

martes, 16 de mayo de 2023

Escribimos as nosas palabras favoritas en galego

 




fuente-bonbon-cyreal                                           

Estes días celebramos o  Día das Letras Galegas coñecendo ao homenaxeado deste ano: Francisco Fernández del Riego. 
 Ademáis dos xogos e lecturas sobre o autor,  creamos un mural coas nosas palabras favoritas en galego, debuxos do homenaxeado e as nosas mans de cores. 
Pasámolo xenial. Queredes saber cales son as nosas palabras favoritas?


  fuente-de-ben-10


fuente-de-gacha-life


fuente-de-super-mario


fuente-de-frozen


fuente-de-minions
fuente-de-dynamite



Este é o noso mural: 


Infantil estivo a confeccionar  estos marcapáxinas con moitas cores para despois forralos e colocarlles  moita lá de cores.





Este foi o proceso de creación do noso mural do Día das Letras Galegas




lunes, 15 de mayo de 2023

Día de las Letras Gallegas

fuente-bonbon-cyreal                                           

Na CiberCaixa Mallos celebramos o Día das Letras Galegas, que neste 2023 homenaxea a Francisco Fernández del Riego. A Real Academia Galega facilítanos actividades interactivas sobre este autor e o seu universo. Aquí tedes a actividade para coñecer mais a este autor.








DIBUXOS PARA PINTAR 



martes, 18 de mayo de 2021

As bibliotecas municipais crean un Escape Room Virtual sobre Xela Arias #DesordenateCoasLetras #LetrasGalegas #XelaArias2021


Participade  no Escape Room Virtual sobre Xela Arias que crearon as bibliotecas municipais!!!!

Semella que os exemplares traducidos ao galego por Xela Arias de 'Contos ó teléfono'(Rodari) desapareceron de todas as bibliotecas. 

Precisan a túa axuda para atopalos. Atréveste???

 

miércoles, 21 de abril de 2021

De fragas e paxaros faladores #Desordenatecoasletras #LetrasGalegas #XelaArias2021

Empezamos a preparar unha actividade artística  sobre Xela, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas.

Que sabedes sobre Xela? Premede nesta imaxe e coñeceredes a súa historia:
 Unha actividade proposta das Bibliotecas Municipais da Coruña
Vida e obra de Xela Arias Castaño

  • Narración: Alumnado de 5º de primaria
  • Profesor: David Rial
  • Ilustracións: Carlos Gallego Domínguez
  • Textos: Seminario Galán
  • Música: Nabor (Bras Rodríguez) / Rumba de Paredes (Mutenrohi) / Xente (Berrogüetto)

Que imos facer?

1º) Lemos este conto que escribiu cando tiña 11 anos




2) Despois de ler o conto imos facer estas actividades interactivas da Real Academia Galega. 

Premede no debuxo

 

3) Por último, o máis pequenos da aula tedes unha actividade para lembrar o conto que escribiu Xela de pequena. Xa me diredes que vos parece . 

jueves, 14 de mayo de 2020

Xogos para o Día das Letras Galegas da Real Academia Galega

Para moitas e moitos de vós esta será a primeira das viaxes; para outras, os máis experimentados, unha continuación da aventura. Sexa como for, nesta nave collemos todos. Porque estades na Primavera das Letras, a base de lanzamento da celebración do Día das Letras Galegas da Real Academia Galega para os nenos e nenas que cursades infantil e primaria. Dende aquí espallamos o Día das Letras por todo o planeta, por toda a galaxia

Nesta singradura coñeceremos a vida e a obra de Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990). O autor, ao que en 2020 a Real Academia Galega dedica o Día das Letras, é unha figura indispensable para coñecer a historia da lingua e da literatura de noso ao longo do século XX


Preparadevos para un percorrido pola biografía de Ricardo Carballo Calero, unha viaxe ao pasado que che ha axudar a comprender mellor o noso presente.

BIOGRAFÍA



CONTO 
para os nenos e nenas dos primeiros cursos de E.P.

A miña compi Noe da CiberCaixa de San Diego facilitóume este material para vos. Disfrutádeo!


XOGOS INTERACTIVOS:

Premede nesta ligazón para ver os xogos: http://primaveradasletras.gal/category/outros-materiais/

ILUSTRACIÓNS:

Podedes debuxar e colorear  estas ilustracións inspiradas na vida e obra de Ricardo Carballo Calero.

viernes, 29 de abril de 2016

A CiberCaixa recita poemas de Manuel María

A CiberCaixa empeza en abril  a celebrar  o  Día das Letras Galegas cun mural  con poemas do escritor homenaxeado  e manualidades realizadas polos nenos/as da CiberCaixa. Dito mural  expoñerase no Centro Cívico Os Mallos no mes de maio .

Poema e manualidade  O arco da vella



















Poema  e manualidade O Caracol



       DEBUXOS O BIGOTE DE MIMI               POEMA E MANUALIDADE  ROSAS

Nestes obradorios adicados a coñecer a figura e a obra de Manuel María realizaronse diferentes actividades online. Ademáis, recitáronse poemas de Manuel María dos libros A luz resucitada;  Os soños na gaiola e As ruas do vento ceibe. Os pequenos/as da CiberCaixa  leron O Bigote de Mimi escrito polo autor homenaxeado e fixeron debuxos e manualidades  relacionadas co conto.


 
            POEMA MAPA DE GALICIA con debuxo  E POEMA SOL con manualidade   

          
            POEMA BOLBORETA con manualidade E POEMA Lúa con manualidade   


E por último, outra das  manualidades que se fixeron nestes obradorios  representa a Manuel María, os rapaces chamárono  Manolo María. Esta marioneta  leva as  cores de Galicia (branco e azul), as palabras na boca e unha pluma de escritor na súa man esquerda. Tamén ten  corazóns vermellos coa grafía "G" de Galicia  e palabras coma  tatuaxes nos  seus brazos e nas súas  pernas.


No  seguinte vídeo podedes ver a marioneta en acción:





COÑECEMOS A MANUEL MARÍA

Manuel María ofrece un perfil moi enfocado á poesía, un eido no que está considerado unha voz fundamental na segunda metade do século XX, aínda que tamén cultivou outros xéneros, especialmente o teatro e as narracións infantís. 

Ademais, Manuel María foi un activo promotor da cultura galega. Percorreu todo o país -así como a emigración- coa súa participación en recitais e charlas, tivo unha faceta de editor e tamén política, ámbito na que exerceu como concelleiro.

Coa súa escolla a Academia homenaxea a un autor de múltiples vertentes literarias, na que destaca a poética, culto e popular a un tempo, e coa que espera que arredor da celebración do 17 maio se desenvolvan numerosas actividades a prol da normalización do galego, arela na que tanto insistiu o propio Manuel María.

ACTIVIDADES ONLINE 








jueves, 17 de mayo de 2012

Participamos en el XI Maratón de Lectura en Galego

    
 Os catorce usuarios que formamos a CiberCaixa dos Mallos  subimos ao escenario do salón de actos do Centro Cívico Os Mallos a ler e recitar unha canción popular galega. Os maiores axudaron aos máis pequenos a aprenderse o seu anaquiño de canción e saíu segundo o previsto: ¡¡Xenial!!

¡¡Parabens  a todos os rapaces polo esforzo!

¡¡¡¡Feliz Día das Letras Galegas!!!!



Aquí tedes maís actividades do mes de maio no Centro Cívico dos Mallos





¡¡¡Vémonos o venres ao saír de clase!!!