Expresamos as nosas emocións a través da música facendo golpes suaves en partes do corpo!!
Como sabedes, a percusión corporal é unha disciplina presente desde a prehistoria e que consiste en crear ritmos e sons a través do propio corpo.
Toda cultura ten tradicións de percusión corporal e esta pódese utilizar para acompañar música ou como unha coreografía. Utilízase para elo movementos como o de aplaudir, chascar os dedos, fregar as mans, as coxas, golpear o chan cos pés e todas as combinacións que se nos poidan ocorrer.
O obxectivo principal desta actividade é a través dunha serie de dinámicas desenvolver a capacidade creativa e de improvisación na rama da percusión corporal.
Os seguintes vídeos con musicogramas poden axudarnos a acadar o noso obxectivo:
DEBUXOS
Outra interesante actividade para traballar a creatividade e expresar de forma visual é representar con debuxos o que inspira a música. Neste caso concreto, máis que o que inspira a música podemos expor que os usuarios/as debuxen o que representa a palabra inventada " supercalifragilisticoespialidoso"do seguinte vídeo.
Ritmo e Percusión corporal
Mentres se visualiza o vídeo os usuarios/as marcan o pulso con palmas ou escarvadentes chineses para interiorizar o tempo. Unha vez que xa está dominado propóñovos esta percusión corporal, moi fácil: Os usuarios/as estarán sentados (chan ou cadeiras/mesas) xa que necesitarán ter unha superficie para golpear. A percusión sería para catro pulsos: palmas, pitos con amabas mans, palmas, golpe mesa coas dúas mans á vez
Inventando palabras
Un reto interesante para esta canción é a invención de novas
palabras coas mesmas sílabas que ten
" supercalifragilisticoespialidoso" aínda que tamén se poden inventar
frases que teñan varias palabras que somen en total as 14 sílabas. Cada usuario/a inventará a súa e unha
vez que estean todas cantaranse nunha rolda por quendas.