Hai moitos e fermosos carballos en Galicia, pero ningún como o do bosque do Banquete de Conxo, en Santiago de Compostela. Trátase dun exemplar de 250 anos de historia. Tan maior e tan belo que acaba de gañar o recoñecemento de Árbore Española 2022. Como podedes ver na imaxe, agora o carballo está a competir por gañar o recoñecemento de Árbore Europea de 2022.






PRIMEIRO RETO
Hai que coñecelo, así que iremos a Santiago, ao histórico bosque do Banquete de Conxo.
Empezaremos por pescudar en google maps como podemos chegar a Santiago e a que distancia está o bosque do Centro Cívico Os Mallos
SEGUNDO RETO:
No segundo reto coñeceremos moitas cousiñas do bosque e sobre todo da árbore O Avó.
Neste vídeo tedes moita información:
TERCEIRO RETO
Agora xa estades preparados/as para o terceiro reto!!! Poderedes resolver esta folla de traballo?

liveworksheets.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario