viernes, 8 de octubre de 2021

O tótem do morcego

 bird friends

Acordádesvos de que esta semana escoitamos unha adaptación do relato sobre un morcego escrito por Galeano? Como sabedes o conto pertence á triloxía  "Memoria del fuego" onde Galeano relata por igual os feitos históricos e as lendas latinoamericanas, polo que a súa pretensión é ser un exemplo escrito da tradición oral dos pobos indíxenas latinoamericanos.

 A través do relato do morcego que escoitamos démonos conta da especial importancia que tiñan os animais para as culturas indíxenas  aos que admiraban e dos que dependían para a súa supervivencia, por iso formaban unha parte fundamental dos seus mitos, crenzas e costumes.

Quen son os indíxenas?



CREAMOS OS NOSOS TÓTEMS

Que é un tótem?



Sabedores da importancia que teñen os animais nas culturas indíxenas tentaremos crear o tótem do morcego  a partir dos seguintes materiais: 

  • rolo de papel hixiénico 
  • pintura acrílica de cores 
  • pinceis 
  • abelorios 
  • pegamento 
  • tesoira 
  • bolsa negra reutilizada 



 
E así están quedando:



No hay comentarios:

Publicar un comentario