miércoles, 5 de agosto de 2020

Festival Noroeste Estrella Galicia 2020

O Festival Noroeste Estrella Galicia celebra a súa 34 edición na que contará con dous escenarios, adicados a Jaime Manso e Nonito Pereira, 14 concertos e 2 viveiros musicais enfocados a un público máis novo.



Horario:

Os concertos celebraranse principalmente en horario de tarde con horas de inicio marcadas de xeito simultáneo para as 20:00 e 22:30 horas nas tres xornadas. Na fin de semana haberá sesións matinais que variarán segundo o escenario das 12:30 horas ás 13:30 horas.

Prezo: Todos os concertos serán de balde, pero haberá que reservar entrada previamente:


  • As localidades poderanse reservar dous días antes de cada show, saíndo todas a un tempo a partir das 10:00 horas.
  • A expedición das entradas que concederán acceso aos shows, será a través dunha plataforma dixital accesible en diferentes botóns que atoparás na URL https://corunacultura.sacatuentrada.es/
  • Para promover a ausencia de papel facilitarase ao público un código QR que poderán amosar á súa chegada ao recinto a través do seu terminal móbil.Podes retirar un máximo de dúas entradas por espectáculo.
  • Aforo limitado a un  máximo de 400 persoas 

Desde a CiberCaixa Mallos seguimos en horario de verán de 10:00 a 13:00 de luns a venres ofrecendo suxerencias de lecer alternativo ás pantallas e acompañándovos de forma remota online 

correo-e: cibercaixamallos@gmail.com

Blogue: https://cibercaixamalloscoruna.blogspot.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario