lunes, 22 de septiembre de 2025

🐦 “Coas ás na cabeza: atrevémonos a ser nós?”

Ás veces queremos parecernos a todas as demais persoas para sentirnos aceptados e aceptadas, e esquecemos que o que realmente nos fai especiais son esas diferenzas que nos pertencen a cada un e cada unha de nós.

O conto Eu vou comigo relata a historia dunha nena que, por intentar gustarlle a outra persoa, vai renunciando pouco a pouco a aquilo que a facía única.

Para reflexionar sobre isto de maneira divertida, empregaremos distintos materiais:

  • O conto Eu vou comigo, que servirá como punto de partida da nosa reflexión.

  • Un xogo en Genially, co que poderedes pasalo ben mentres afondamos na historia.

  • Uns recortables de Martín, para xogar e crear co personaxe.

  • O recortable da nena cos paxaros na cabeza, que nos lembrará a importancia de ser diferentes e imaxinativos/as.


Material de los cuentos de Raquel Reguera: 



No hay comentarios:

Publicar un comentario