viernes, 30 de junio de 2023

Celebramos o día do Orgullo gozando de albumes ilustrados que falan da diversidade




O Día do Orgullo LGBT ten lugar cada ano o 28 de xuño, e é unha celebración destinada a recoñecer os dereitos da comunidade LGBTI. Aínda que o día máis destacado é o 28, realmente, os actos e celebracións do orgullo en Madrid esténdense desde o 23 de xuño ao 2 de xullo, no caso da cidade da Coruña, en cambio, celebra esta festa entre o 28 de xuño e 16 de xullo, con catro semanas de actividades culturais e divulgativas para todos os públicos. 

Hai uns anos nalgúns países estaban prohibidas as relacións entre persoas do mesmo sexo. Era impensable que unha parella non heterosexual puidese expoñerse en público. Na actualidade en 67 países penalízanse as relacións sexuais entre persoas do mesmo sexo e en oito deles castígase con pena de morte. 

O Día do Orgullo celébrase o 28 de xuño porque ese día de 1969, nun pub de clientela homosexual de Nova York, a policía fixo unha redada e a partir de aí iniciáronse unha serie de manifestacións e protestas en contra da represión e a favor dos dereitos dos homosexuais. Desde entón, empezouse a crear un movemento para darse apoio mutuo, crear vínculos de unión e loitar pola igualdade, ata que a celebración converteuse nunha festa masiva.

E nos que imos facer para celebrar este día?


Imos comenzar coa lectura de contos que propoñen as Bibliotecas Municipais da Coruña. Nas Bibliotecas Municipais da Coruña contan cunha ampla selección de libros inclusivos como : Ahora me llamo Luisa, Sirenas, La pequeña Messi, El cordero que es un cerdito, La boda, ... Na CiberCaixa Mallos poderemos ler algún deles desexando que sempre todos podamos elixir con liberdade, o conto no que nos gustaría vivir.




        
              


FICHA DE COMPRENSIÓN LECTORA DE...


Ahora me llamo Luisa: Preme aquí

La boda: Preme aquí

Sirenas: Preme aquí

La pequeña Messi: Preme aquí

Oliver Button es una nena: Preme aquí

El cordero que es un cerdito: Preme aquí



No hay comentarios:

Publicar un comentario