lunes, 27 de diciembre de 2021

Instrumentos musicais con materiais reciclados


A película Soul inspiroume para facer INSTRUMENTOS MUSICAIS  CON MATERIAL RECICLADO.
 Que vos parece?

Se estas festas queredes cantar panxoliñas cun instrumento divertido,  podedes construir con material reciclado: castañolas, maracas ou un tambor.

Castañolas:


 


Materiais:
  • cartón reciclado 
  • tesoiras 
  • chapas usadas ou tapas de plástico
  • goma eva
  • pompón
  • ollos 
  • limpapipas
  • rotulador negro
Realización:

Primeiro  cortade tiras de cartón e debuxade  co rotulador negro o gato de Soul...
Despois dobrade as tiras e pegade nelas, a goma eva, o pompón, os limpapipas e as chapas ou as tapas.
Por último, podedes pegarlle ollos ou debuxalos


Maracas:



Materiais:

  • lata de refresco
  • arroz, garavanzos, fabas ou tapóns...
  • selo
  • pinturas







Tambor de océano:


Materiais:

  • 1 caixa de pizza
  • un puñado de arroz
  • pintura
  • selo



paso a paso:






Tambor:

Materiais:


  • un anaco de cartón
  • fío
  • algunhas contas
  • pegamento

paso a paso:

 O proceso de fabricación móstrase no vídeo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario