Acordádesvos de que esta semana escoitamos unha adaptación do relato sobre un morcego escrito por Galeano? Como sabedes o conto pertence á triloxía "Memoria del fuego" onde Galeano relata por igual os feitos históricos e as lendas latinoamericanas, polo que a súa pretensión é ser un exemplo escrito da tradición oral dos pobos indíxenas latinoamericanos.
A través do relato do morcego que escoitamos démonos conta da especial importancia que tiñan os animais para as culturas indíxenas aos que admiraban e dos que dependían para a súa supervivencia, por iso formaban unha parte fundamental dos seus mitos, crenzas e costumes.
Quen son os indíxenas?
CREAMOS OS NOSOS TÓTEMS
Que é un tótem?
Sabedores da importancia que teñen os animais nas culturas indíxenas tentaremos crear o tótem do morcego a partir dos seguintes materiais:
- rolo de papel hixiénico
- pintura acrílica de cores
- pinceis
- abelorios
- pegamento
- tesoira
- bolsa negra reutilizada
No hay comentarios:
Publicar un comentario