Que é Samaín?
A finais de outubro os antigos pobos celtas adoitaban realizar unha gran cerimonia para conmemorar «o final da colleita». Esta festa foi bautizada coa palabra gaélica de « Samhain». (O significado etimológico é «o final do verán».) Isto é porque durante esta celebración despedíanse de Lugh, deus do Sol.
Esta festividade marcaba o momento en que os días se ían facendo máis curtos e as noites máis longas. De feito o ano céltico concluía o 31 de outubro, no outono, cuxa característica principal é a caída das follas. Para eles significaba o fin da morte ou iniciación dunha nova vida.
Desta maneira os celtas, do mesmo xeito que moitas culturas prehispánicas, crían que en Samhain os espíritos dos mortos regresaban a visitar o mundo dos mortais.
Que pensades vos?
Que imos facer nos para celebralo?
Imos gozar o festivo pintando no patio exterior para celebrar o outono e o Samaín. Que tal?
1) Primeira proposta
Siiiii! Está escrita en francés... Así os maiores podedes practicar a língua francófona 😅un pouquiño. Atrevedesvos?
2) Segunda proposta:
Imos empregar o estarcido, tamén chamado esténcil (do inglés Stencil), unha técnica artística de decoración na que un padrón ou modelo cun debuxo recortado é usada para aplicar pintura, lanzándoa ao redor de devandito recorte, obténdose un debuxo con esa forma. Usaremos pinceis e outras ferramentas tales como vaporizadores, rodetes, esponxas... para conseguir efectos chulos e moi divertidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario