Hoxe comenzamos a facer unha hucha-porquiño.
O proceso deste proxecto artístico levaranos toda a semana, xa que necesita moito tempo de secado.
Tedes que estar moi atentos cos materiais, as ferramentas que utilizamos e os pasos que estamos a seguir para facer a porquiño hucha.
Aquí vou ir deixando imaxes do voso proceso creativo
Agora imos escribir o noso texto de instrucións para facer o porquiño
Antes de escribir:
- Asegúrate que lembras todos os pasos que tes que seguir.
- Fai un guión e repasa mentalmente todos os pasos que seguiches para construir o porquiño.
- Tes que saber o vocabulario técnico que debes empregar. Por exemplo os nomes das ferramentas que empregasches no obradoiro, os materiais ....
- Organiza os pasos de maneira secuenciada: paso 1, paso 2, paso 3....
Cando estás a escribir:
- Numera cada un dos pasos.
- Utiliza o infinitivo, o imperativo, ou se + 3ª persoa do verbo.
- Emprega conectores: para comezar, en primeiro lugar, en segundo lugar, finalmente…
- Utiliza o léxico adecuado ao tema sobre o que instrúes.
- Escribe con oracións claras e sinxelas.
Despois de escrito:
- Le o teu escrito e observa se o léxico e a sintaxe son claros e sinxelos.
- Valora mentalmente o proceso. Se é necesario, cambia a orde dos pasos, de modo que o proceso preséntese secuenciado.
- Corrixe a ortografía.
Textos de instrución, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com
liveworksheets.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario