lunes, 26 de julio de 2021

A Patrulla Águila debuxa a bandeira española no ceo de Santiago

 


Recordades que fixemos avións e falamos de que o 25 de xullo a semana pasada?

Pois finalmente a meteoroloxía permitiu que este domingo os  sete cazas da Patrulla Aguia debuxaran a bandeira española no ceo de Santiago durante o Día do Apóstolo. 

Este grupo ten unha alta preparación a nivel mundial, destacando en manobras como o looping investido e a aterraxe en formación, sendo esta patrulla a primeira que o conseguiu realizar. É dos poucos equipos acrobáticos que usa fume amarelo nas súas exhibicións aéreas, para a realización da bandeira de España.Ademais, teñen un lema que me pareceu moi curioso: "Xuntos pero non revoltos"



No hay comentarios:

Publicar un comentario