Unha das obras máis famosas que verás é A gran ola de Kanagawa, feita polo artista Hokusai. É unha onda enorme que parece que vai caer enriba dos barcos pequenos, cunha montaña moi importante ao fondo chamada monte Fuji.
Os maiores van ler toda esta información para que nós poidamos aprender moito e logo nos contarán as historias para que sexan máis fáciles de entender. Así todos xuntos poderemos gozar moito máis da exposición.
Despois, faremos un obradoiro moi divertido onde cada un poderá debuxar a súa propia versión de A gran ola. Podemos imaxinar animais, barcos, e moito máis, e darlle vida coas cores e a imaxinación.
Animádevos a vir á exposición! É impresionante e aprenderemos moito sobre o Xapón antigo de forma moi divertida.Esta exposición está na Fundación Luis Seoane en A Coruña, e podes visitala ata o 7 de setembro de 2025. Está aberta de martes a domingo en horario de 11 a 15 e de 17 a 21, pero os luns está pechada.
1. Os debuxos do mundo flotante
No Xapón antigo, a xente facía uns debuxos chamados ukiyo-e, que quere dicir “imaxes do mundo flotante”. Por que do mundo flotante? Porque mostraban momentos de pracer e vida diaria, como persoas, paisaxes, actores de teatro ou guerreiros. Estes debuxos eran moi coloridos e levaban historias que gustaban moito á xente.
Ao mirar estes debuxos, podemos aprender como era a moda, os lugares e as actividades que facían as persoas daquela. Era como unha ventá para coñecer o pasado.
2. A gran ola de Hokusai
Un artista moi famoso chamado Katsushika Hokusai fixo un debuxo que se chama A gran ola de Kanagawa. Esta obra mostra unha onda xigante que parece que vai romper enriba dos barcos que van navegando polo mar. Ao lonxe, está o monte Fuji, unha montaña moi importante en Xapón, que para eles ten moito significado espiritual.
Esta imaxe é especial porque mostra a forza e o perigo da natureza, pero tamén a beleza do mundo que nos rodea. Moitos artistas de Europa quedaron impresionados con esta obra e inspiráronse nela para facer as súas pinturas.
3. Os samuráis, os guerreiros do Xapón
Os samuráis eran os guerreiros que defendían as terras no Xapón antigo. Tiñan un código chamado bushido, que era como un conxunto de regras para vivir con honor, valentía e ser leais aos seus señores chamados daimyos.
A flor da cerdeira era o símbolo dos samuráis porque as súas flores son moi fermosas, pero duran moi pouco tempo, lembrándonos que a vida é breve e hai que vivila ben.
Aínda que a época das grandes batallas xa pasara, as historias dos samuráis fixéronse famosas en debuxos chamados musha-e, onde se contaban as súas loitas e aventuras para que non se esquecesen.
4. Teatro Nō e Kabuki: contos para ver e sentir
No Xapón tamén hai dous tipos de teatro moi especiais: o teatro Nō e o kabuki.
-
O teatro Nō é moi antigo e elegante. Nel os actores levan máscaras e fan movementos moi lentos e precisos. Non hai decorados grandes, só música e un coro que canta para axudar a contar a historia. É un teatro que non só mostra o que pasa, senón que intenta facer que sintas o que os personaxes senten.
-
O kabuki é máis divertido e cheo de cor. Os actores pintan a súa cara con maquillaxe moi vistosa e fan moitos movementos para contar historias emocionantes, ás veces cómicas, outras veces cheas de acción. Os papeles femininos non os fan mulleres, senón homes que estudan moito para imitar o xeito de andar, falar e comportarse das mulleres, e estes actores chámanse onnagata.
.jpeg)
Ambos teatros foron moi importantes para a cultura do Xapón e seguen sendo representados hoxe en día.
Introdución
-
De qué país e de qué época imos facer un viaxe na exposición?
-
Que tipo de obxectos podemos ver na exposición para aprender como era a vida no Xapón antigo?
-
Que obra famosa feita por Hokusai imos ver na exposición?
1. Os debuxos do mundo flotante
-
Como se chaman os debuxos antigos do Xapón que mostran escenas da vida diaria?
-
Que tipo de escenas pintaban os artistas nos debuxos ukiyo-e?
-
Por que dicimos que os debuxos ukiyo-e son como unha ventá para coñecer o pasado?
2. A gran ola de Hokusai
-
Que amosa a obra A gran ola de Kanagawa?
-
Que montaña importante está ao fondo do debuxo da gran ola?
-
Por que esta obra é especial e por que impresionou aos artistas de Europa?
3. Os samuráis, os guerreiros do Xapón
-
Quen eran os samuráis e que facían?
-
Que significa o código bushido que seguen os samuráis?
-
Por que a flor da cerdeira era un símbolo importante para os samuráis?
4. Teatro Nō e Kabuki: contos para ver e sentir
-
Que tipo de máscaras usan os actores no teatro Nō?
-
En que se diferencia o kabuki do teatro Nō?
-
Que son os onnagata no teatro kabuki?
No hay comentarios:
Publicar un comentario