Qué son alimentos de tempada?
Son aqueles alimentos que se colleitan nunha determinada estación ou época do ano, cando o clima e as condicións naturais son as axeitadas para o seu crecemento completo.
Xa podedes contestar a estas preguntas:
Agricultura de proximidade, an interactive worksheet by rosafielpaz
liveworksheets.com
liveworksheets.com
E para rematar observade o seguinte mapa
Que son os alimentos kilométricos?
Son aqueles alimentos que se cultivan noutros países diferentes ao noso, en lugares moi afastados e que percorren moitos kilómetros ata chegar ás nosas casas. Poden ser alimentos que aquí non se poden cultivar, pero tamén outros moitos que si (como patacas, laranxas ou mazás).
Que é a pegada de carbono?
É a cantidade de Gases de Efecto Invernadoiro que se xenera para producir un alimento ou para fabricar calquera obxecto. No caso dos alimentos inclúe todos os gases que se producen dende o momento en que se planta ata o momento en que o comemos (plantación, mantemento do cultivo, colleita e transporte ás tendas).
E para rematar observade o seguinte mapa
Podedes calcular a distancia que percorren os alimentos? e o custe ambiental de consumir alimentos de lugares moi afastados? Seguide as instrucións na seguinte folla de traballo interactiva. Tedes que poñer os nomes dos países en inglés.
Alimentos kilométricos, una ficha interactiva de rosafielpaz
liveworksheets.com
liveworksheets.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario