O día 15 de maio celébrase o Día Internacional das Familias, unha celebración que foi establecida polas Nacións Unidas en 1993 co fin de remarcar o papel de todas as familias na educación dos fillos e das fillas desde a infancia.
Así mesmo, a ONU tamén recoñece como as familias trasformáronse ao longo das últimas décadas, alterándose as estruturas das mesmas debido a factores sociais, económicos e demográficos.
Con todo, as Nacións Unidas consideran que a familia se erixe como a unidade básica da sociedade.
Que vos parece empezar este obradoiro escoitando una canción?
Falamos do Día das Familias en plural porque actualmente a diversidade familiar é moi ampla e ao longo deste proxecto iremos coñecendo para facelas visibles como podedes ver na seguinte presentación:
Coa rutina de pensamento, Compara e contrasta, continuamos este taller mostrado imaxes de dúas familias diferentes.
Simplemente presento as dúas imaxes explicando que ambas son familias.
Nesta folla de traballo poderedes expresar as similitudes e as diferenzas que atopades e a través delas chegar a algunha conclusión.
Compara y contrasta familias, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Que vos parece construír a vosa familia? Grazas a The Glitter Teacher poderemos facelo.
Preparados/as?
Imos construir a casa da vosa familia. Està des preparados/as?
Instrucions
1.- Doblade unha folla tamaño A4 pola metade
2.- Marcade o centro
3.- Doblade os lados esquerdo e dereito hacia o centro.
4.- Desplegade a folla. Presionade as esquinas para formar un triángulo en cada lado.
5.- Debuxade as habitacións da casa na parte frontal e no interior
No hay comentarios:
Publicar un comentario