Sabíades que o 2 de febreiro é o día da Candeloria ❤🐦🐥?
🐦
🐦"Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola”
👉O Día da Candeloria celébrase no 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.
👉A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral.
👉O Día da Candeloria ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza, que como a noite de San Xoán, a Semana Santa, o Nadal e moitos outros, acabou por ser cristianizado. Co Entroido remata o ciclo de inverno
👉No 2 de febreiro, nas parroquias o crego bendice as candeas que a xente ten de manter acesas mentres dure a misa. Estas candeas lévanse, posteriormente, para a casa pois atribúenselles poderes como calmar as treboadas ou alumear o camiño das almas que deixan este mundo.
👉Esta festa das luces celébrase en parroquias como Oseiro, Becerreá, Cervo, Meaño, O Rosal e Cedeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario