Na CiberCaixa Mallos
estamos a aprender as normas do xogo de cartas Uno.
O mazo estándar do xogo UNO ten 108 cartas e consiste en: 4
mazos de cores (azul, verde, vermello e amarelo), tarxetas de acción (+2, reversa e salta), comodines ( wild) e 4 “ wild +4”.
COMO XOGAR:
Reparte a cada xogador/a 7 cartas e o resto colócaas boca
abaixo no centro da mesa. De aí é onde poden tomar as cartas de ser necesario.
Coloca unha das túas cartas na pila cando sexa a túa quenda.
A túa carta debe ser do mesmo número, cor ou acción que a carta na pila; a
menos que teñas un comodín, nese caso
podes escoller que cor queres para seguir xogando.
Estas son algunhas cartas especiais:
As cartas Reverter (de calquera cor) indican que a dirección
do xogo reverterase (é dicir, de sentido horario a antihorario).
As cartas +2 (de calquera cor) indican que o seguinte xogador/a
deberá sacar dúas cartas da pila e
omitir a súa quenda.
As cartas Saltar (de calquera cor) indican que o seguinte xogador/a
debe saltar a súa quenda. Nun xogo de dúas persoas, esta carta fai que o xogador/a
contrario perda a súa quenda, mentres que o outro debe sacar outro número.
As cartas wild negras
indican que un xogador/a pode elixir a cor que desexe (ou seguir usando o mesmo
cor)
As cartas wild +4
negras indican que un xogador/a pode elixir calquera cor, pero o seguinte
deberá sacar catro cartas e perder a súa quenda.
XOGO ONLINE http://www.uno-juego.es/uno-juego-online/
No hay comentarios:
Publicar un comentario