Xogos de Teatro e Mímica propostos
Quecemento: Rompendo o Xeo
Empezamos traballando por parellas! Imos realizar unha actividade de mímica. Un dos membros da parella vai imitar a un animal por medio da mímica. Ao non poder emitir sons, improvisaredes e teredes que esforzaros por expresar mediante xestos e movementos o animal que estades a representar para o voso compañeiro/a.
Un momento sen palabras:
Elixir un momento do día no cole ou no comedor e dramatizalo sen palabras poñéndolle música de fondo.
Recordos do verán:
Empezamos a traballar todos xuntos. Imos colocar nunha caixa papeliños con diferentes palabras. O obxectivo é relatar algo bonito que fixemos durante as vacacións na CiberCaixa ou algún momento que o pasáramos moi ben en familia. Mentres, algún compañeiro/a sacará durante ese relato palabras da caixa, as cales teredes que incorporar de inmediato no voso relato.
Historia sonora:
Con diferentes elementos cos que se poidades facer son, inventar unha secuencia. O resto terá que adiviñar de que se trata.
O/A vendedor/a
Tomar calquera obxecto que teñamos na aula e improvisar a venda do mesmo, pero cunha función diferente á real. Por exemplo: Un balón pode ser xoia moi valiosa que tedes que intentar vender aos vosos compañeiros/as.
Escena muda
Hai que representar unha historia ou unha acción cotiá na aula cun conflito pero sen falar (podemos poñer música de fondo ao mellor estilo cinema mudo). O/A que observa ten que adiviñar que sucede.
No hay comentarios:
Publicar un comentario