miércoles, 24 de agosto de 2022

Os mosaicos de Gaudí

 


A técnica do mosaico é case tan antiga como o home. 

Consiste en realizar un debuxo, xa sexa xeométrico ou figurativo, con pequenos anacos de papel, cerámica ou pedriñas e pegalo con cemento, escaiola, terra, cola branca... 

 Na CiberCaixa Mallos imos utilizar papel e cartolinas de cores sobrantes doutras actividades (hai que reciclar todo). Ides cortar o papel de cores en anacos pequenos e logo os clasificaredes por cores en recipientes pequenos. No papel ou cartolina que servirá de fondo debuxaremos o motivo que imos facer. Nós imos construír O Drac do Parque Güell 


Manualidade: MOSAICO



MATERIAIS QUE NECESITAMOS: 

 -O deseño do drac
   
 -Pegamento 
 -Tesoiras 
 -Papel de cores reciclado 


E así de bonito quedouvos:






ACTIVIDADE PARA COÑECER O DRAC



VÍDEO: Gaudí




Queredes saber mais sobre  Gaudí? Imos coñecer un pouco da súa vida coa axuda das Tres Mellizas



No hay comentarios:

Publicar un comentario