miércoles, 20 de julio de 2022

Xogos no parque e na aula da CiberCaixa Mallos


O acto de xogar é parte da nosa infancia e trae a posibilidade dun repertorio de desenvolvementos, xa sexa nas esferas social, cognitiva, , biolóxica, motora e afectiva. 

Ademais de atopar pracer e satisfacción, cando xogades sociabilizades e aprendedes, ademais de presentar a vosa realidade a través da imaxinación. 

 Pola neurociencia sabemos que á hora de xogar actívanse rexións do cerebro que fan que as persoas estean motivadas para seguir aprendendo, ademais de que focalizan a atención, sen desviar o interese a nada máis do que se está facendo. 

Tamén grazas á neurociencia comprendemos que todos os cerebros son distintos, e que polo tanto tamén o son os modos de aprender e comprender.

Na CiberCaixa Mallos estamos a xogar moito este verán aproveitado todos os espacios que nos brinda o Centro Cívico Os Mallos: a aula, o patio e o parque. 









No hay comentarios:

Publicar un comentario