Este conto do Monstro das Emocións une as cores e as emocións, poñendo nome a aquilo que sentimos.
Estades preparados para escoitalo?
Imos ver o seguinte vídeo:
Actividade do vídeo: DEBUXO OS MEUS BOTES DAS EMOCIÓNS
Preguntas que fixen no debate:
- De que cor é o monstro do conto?
- De que cor son os monstros?
- De que cor son os monstros que máis vos gustan?
- De que cor é o que máis medo dá? - …
Actividade que fixemos en reforzo escolar:
liveworksheets.com
DEBUXO DUN MONSTRO
Unha vez feito o debate sobre monstros ides pintar os vosos propios monstros.
Ao finalizar, colocarémolos nunha pequena exposición.