A teoría científica sinala que as persoas máis talentosas teñen en común saber identificar e traballar precozmente as súas fortalezas e mellorar as calidades asociadas ao seu campo de especialización.
Aínda que o talento non dependa exclusivamente da cantidade de tempo investido, coñecer cales son os intereses e capacidades e que tarefas dánsenos particularmente ben constitúe un paso decisivo cara ao éxito persoal e profesional nas nosas vidas.
Así, as actividades de este programa van destinadas a converternos na mellor versión posible de nós mesmos ten, ademais, o efecto de aumentar a autoestima e a confianza na nosa identidade e no que podemos lograr.
Asimesmo, o apoio dunha contorna social, familiar e educativa favorable é tamén imprescindible para poder avanzar a través dun itinerario persoal de éxito.
Hoxe imos facer un percorrido por esa búsqueda de talento que estamos a facer durante este curso coa dinámica O Mapa do tesouro:
- Por unha banda, imos observar aos nosos compañeiros e compañeiras da aula e o seu talento.
- Doutra banda, imos expresar os nosos desexos e pensar no que queremos facer nós.
ATREVESTE?
Talento, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com
liveworksheets.com
MURAL
Cando remate a semana faremos un mural cos nosos TALENTOS co seguinte formato:
No hay comentarios:
Publicar un comentario