O sábado pasado 2 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil.
POR QUE O 2 DE ABRIL?
Hans Christian Andersen, escritor e poeta danés famoso polos seus contos para nenas e nenos, naceu o 2 de abril de 1805. Desde 1967, o día do seu nacemento celebramos o Día Internacional do Libro Infantil.
QUE PERSEGUE ESTA CELEBRACIÓN?
O obxectivo desta xornada é inspirar o amor polos libros e chamar a atención da comunidade sobre a literatura infantil e a importancia que desempeña no desenvolvemento dos nenos e nenas.
COMO CELEBRALO?
Que adoita ocorrer cando lemos un conto na ciber? Que queredes outro, e logo outro máis. Esa atracción é dificilmente superable.
Da nosa aula teñen saido moitos lectores e lectoras que leron contos e historias da nosa biblioteca e libros ou bandas deseñadas das Biblotecas Municipais da Coruña.
Hoxe celebramos este día facendo algo que xa é costume, lendo contos e historias da Biblioteca Municipal de Monte Alto
Tamén imos crear separadores de libros. Estades preparados/as?
Aquí deixo unha idea:
Por último coñeceremos a historia de Xosé Luís
El búho José Luis
No hay comentarios:
Publicar un comentario