Os usuarios/ as da CiberCaixa pedistes facer unha manualidade para celebrar o Día das Nais.
As manualidades fomentan a vosa creatividade e os fan darvos conta de que sodes capaces de facer moitísimas cousas. Cando recortades, debuxades ou moldeades vos sentides autónomos e a vosa autoestima aumenta.
Ademais, as manualidades pódense considerar como unha gran válvula de escape para plasmar as vosas emocións, desenvolver a paciencia e mellorar a vosa coordinación mano-ollo.
Para esta manualidade utilizamos bolsas de papel negras pintadas con acrílico e bolsas douradas reutilizadas. Para decorar os ramos usamos pompóns, goma eva, limpapipas, bolsas reutilizadas cor prata e lazo vermello.
Empregar material reciclado para realizar manualidades non só é divertido, senón tamén beneficioso para o planeta. É unha actividade perfecta para vos porque, ademais de pasalo en grande, aprendedes a reciclar.
.
Por último, colocámoslle a cada ramo unha etiqueta que creei para a ocasión Que vos parece?
No hay comentarios:
Publicar un comentario