martes, 29 de marzo de 2022

As emocións que vemos

Hoxe imos proxectar unha serie de imaxes diferentes de cadros famosos. 

 A idea é visualizalas e que cada un/unha de vós escriba na folla de traballo de Liveworksheet que é o que ve, da forma máis detallada posible, e o máis importante, que sente ao ver o cadro. Cando todos terminedes, ides explicar que é o que escribistes e como vos  sentistes. 

O obxectivo desta actividade é que reflexionemos sobre a perspectiva coa que cada un ve as cousas. 



De feito, dous compañeiros/ as de ciber poden estar a ver a mesma situación e ter emocións distintas. 

É moi importante comprender e respectar cada unha das visións, ideas e crenzas. Que pensades vos?








Aquí tedes a vosa folla de traballo:



Que ves ti?, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario