miércoles, 23 de marzo de 2022

Falamos das guerras


 Na CiberCaixa Mallos xurdiron preguntas dos usuarios/as sobre o conflito bélico de Ucrania   polo que empezamos a falar da guerra  a través de contos como "Trenfugiados".

As guerras e os desastres naturais provocan movementos migratorios masivos. Centos de miles de persoas vense  obrigadas a fuxir dos seus países en busca dunha vida mellor e, por desgraza, segue ocorrendo actualmente. 

E como viven este fenómeno as nenas e os nenos? Que saben diso? Que opinan? Neste emotivo álbum, José Campanari e Evelyn Daviddi dan voz aos máis pequenos/ as, porque eles/ as teñen moito que dicir respecto diso, e moito que ensinarnos.


 


 Grazas a esta historia profundamos na cantidade de persoas e iniciativas da provincia da Coruña  que se puxeron en marcha para axudar aos desprazados  con motivo do conflito en Ucrania.


Despois da lectura falamos do que está a suceder en Ucrania e dalgunhas das iniciativas que están a ocorrer na nosa provincia

Finalmente estivemos traballando a comprensión lectora desta marabillosa  historia que lemos en alto: 

Trenfugiados, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario