martes, 16 de noviembre de 2021

Xogos de Teatro e Mímica

O teatro é unha actividade que vai propiciar a capacidade de relacionarvos e o desenvolvemento físico. A través do teatro, ides ser capaces de perder a timidez  e adquiriredes  a confianza que necesitades para crear vínculos persoais no día a día. 
opera box

Xogos de Teatro e Mímica propostos

Quecemento: Rompendo o Xeo

Empezamos traballando por parellas! Imos realizar unha actividade de mímica. Un dos membros da parella vai imitar a un animal por medio da mímica. Ao non poder emitir sons,   improvisaredes  e teredes que  esforzaros por expresar mediante xestos e movementos o animal que estades a representar para o voso compañeiro/a.

Un momento sen palabras: 

Elixir un momento do día no cole ou no comedor  e dramatizalo sen palabras poñéndolle música de fondo. 
motorbike ride
Recordos do verán: 

Empezamos a traballar todos xuntos. Imos colocar nunha caixa  papeliños con diferentes palabras. O obxectivo é relatar algo bonito que fixemos durante as vacacións na CiberCaixa ou algún momento que o pasáramos moi ben en familia. Mentres, algún compañeiro/a sacará durante ese relato palabras da caixa, as cales teredes que incorporar de inmediato no voso relato.
 




 




Historia sonora:

Con diferentes elementos cos que se poidades facer son, inventar unha secuencia. O resto terá que adiviñar de que se trata. 

O/A vendedor/a 

Tomar calquera obxecto que teñamos na aula  e improvisar a venda do mesmo, pero cunha función diferente á real. Por exemplo: Un balón pode ser xoia moi valiosa que tedes que intentar vender aos vosos compañeiros/as.

Escena muda 

Hai que representar unha historia ou unha acción cotiá na aula cun conflito pero sen falar (podemos poñer música de fondo ao mellor estilo cinema mudo). O/A que observa ten que adiviñar que sucede.

No hay comentarios:

Publicar un comentario