Inciamos esta dinámica chamada O Mapa do Tesouro cun autorretrato que realizamos seguindo as ideas que nos deu Tim Burton
En que consiste?
Esta dinámica chamada o Mapa do Tesouro axuda aos nenos e nenas a descubrir e concretar os seus soños,
aspiracións e desexos de futuro, e ao mesmo tempo a compartilos cos demais.
Trátase dunha actividade
que serve para reflexionar sobre a importancia do que realmente un anhela, a forma de poder alcanzar
os nosos obxectivos e como o programa TIENES TALENTO pode contribuír nesta tarefa.
Pasos da actividade:
1. Presentouse o material de traballo aos nenos e nenas e coméntaselles que cada un deles vai debuxar individualmente o seu Mapa do tesouro. Cada tesouro representa un obxectivo que lles gustaría alcanzar no futuro (xa sexa
material ou inmaterial). Limitamos o número de tesouros a 4 ou 5 como máximo.
2. Como calquera outro mapa do tesouro, contén un punto de partida, que son eles mesmos. Por tanto,
primeiro fixeron un «autorretrato» no centro do papel.
3. Despois formularon os seus desexos usando unha frase afirmativa e co verbo en presente; por exemplo: Eu son mecánico de F1, Eu son cantante, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario