lunes, 22 de noviembre de 2021

Caderno de bitácora

Empezamos a escribir o Caderno de Bitácora do programa Tienes Talento co obxectivo de recompilar toda aquela información que vos sirva para identificar os vosos talentos e capacidades e ver o progreso que realizades a medida que imos avanzando. 

O Caderno de Bitácora é  un documento que actúa  como un rexistro de todas as experiencias relevantes para vos (ideas, desexos, emocións, resultados, etc.) relacionadas cos vosos talentos. 

Este documento inclúe uns apartados orientados a recoller os resultados dalgunhas actividades concretas que fixemos , aínda que tamén reserva un espazo para que poidades rexistrar calquera feito que consideredes relevante  ao longo do proceso.





No hay comentarios:

Publicar un comentario