Como sabedes o 25 de novembro de cada ano conmemórase o “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres”. Na CiberCaixa Mallos estamos a facer diversas actividades relacionadas adaptadas ao nivel do alumnado de cada ciclo.
Para o primeiro ciclo de primaria a lectura elixida é «Artur e Clementina», que trata de dúas tartarugas namoradas que deciden compartir a súa vida. Clementina é alegre, vivaz e soñadora e Artur carga sobre a súa coiraza a responsabilidade de mantela e ofrecerlle todo o que el considera valioso. Pero os criterios de ámbolos dous son moi diferentes. Mentres Clementina quere sentir a arte e a vida creando, Artur só valora a cultura xa consagrada e rise da "inxenuidade” da súa compañeira ao querer desenvolver distintas actividades artísticas. Clementina vai cargando nas súas costas os prexuízos e inseguridades do seu marido, ata verse totalmente aprisionada.
Cando Clementina foxe desa protección asfixiante, Artur non entende como ela rexeita todos os seus esforzos por brindarlle unha vida regalada e chea de obxectos valiosos.
Escoitade a historia aquí:
Agora podedes traballar o conto aquí:
Arturo y Clementina