A medida que avanzamos na lectura fixemos diferentes actividades:
1) Falamos dos mitos do amor romántico.
2) Analizamos e describimos aos dous protagonistas da novela e a súa relación.
3) Visualizamos un vídeo de 6 minutos de duración sobre a primeira película da saga e puxemos exemplos do mito de amor romántico.
Seguidamente vou explicar cada unha das actividades:
1) Falamos dos mitos do amor romántico
Ideas como "o amor é cego", "busco a miña media laranxa", "os celos son necesarios na parella"... son algúns dos conceptos que temos sobre o amor, formas de amar que non son sas.
2) Analizamos e describimos aos dous protagonistas da novela e a súa relación
De feito, un dos mitos sobre o amor romántico que coñecemos desde moi pequenos confórmano o príncipe azul e a princesa marabillosa. Ámbolos dous personaxes baséanse nunha división de roles sexuais (el é o salvador e ela é a súa recompensa) e estereotipos de xénero: el é valente e ela é medorenta; el é forte e ela é indefensa; el é dominador e ela é submisa.
Nesta folla de traballo imos analizar e describir aos dous protagonistas desta novela e súa relación.
Protagonistas Crepúsculo, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com
liveworksheets.com
3) Visualizamos un vídeo sobre a primeira película da saga
O seguinte vídeo NON é unha crítica a Crepúsculo, nin aos seus personaxes, nin á saga completa. É un vídeo no que se pode ver unha montaxe que serve como exemplo para entender como é posible que nos enganemos sobre unha relación "de amor".
Despois de visualizar o vídeo, entre todos tentaremos poñer exemplos dos mitos de amor romántico que atopamos na novela Crepúsculo ou do vídeo que acabamos de ver.
No hay comentarios:
Publicar un comentario